Inundacións na mañá de hoxe en Pontecesures
As fortes choivas na madrugada e na mañá de hoxe ocasionaron importantes inundacións na nosa vila.
Sobre as 10 da maña a forza da auga levantou duas tapas na rúa Portarraxoi (fronte a conxelados Neixon) e unha grande cantidade a auga de cor achocolatado (levaba cinzas do monte queimado e moita terra arrastrada) ía pola rúa San Lois. A estrada parecía un río e como os coches circulaban formábanse ondas que facían que a auga estivo a piques de entrar no Bar A Vila, no Froiz, na de Zabala, na de Salcar, etc… Esta auga procedía do regato da Chancela que foi entubado a partir da estrada nacional. Onde sí entrou a auga foi na casa de Claudina Limeres na Portaraxoi (uns 25 cms. de altura).
Tamen houbo asolagamentos na vivenda núm 29 de Aldea de Abaixo (Condide) o estar obstruído un regato que vai por baixo da canle e da pista do regadío, e en dúas casas de Redondo fronte á estación de servizo. Os propietarios con axuda de veciños tíveron que empregarse a fondo para achicar a auga.
Derrubáronse tamén por efecto da auga algúns muros en Aldea de Abaixo e Carreiras.
1 comentario
Castro de Cesures · 24-10-2006 a las 18:41
Estuvo el alcalde el domingo en algunas zonas inundadas arropado por el jefillo Xurxo Gerpe que todo lo sabe y lo entiende. Va para ingeniero de caminos, canales y puertos. Faltaba el otro miembro de la pretoriana que debía de estar durmiendo.
A Sabariz también lo vieron en varios puntos pero sólo aunque hablando con mucha gente. A quién no vió nadie fue al flamante presidente del PP Randulfe. Su casa es de planta baja y estaría en guardia por que ya había achicado de noche.