Campionato Galego de Maratón 2006
O Club Atletismo Tui xunto coa a Delegación Galega de Atletismo en Vigo, o pasado día 22 de outubro organizaron o Campionato Galego de Maratón de todas as categorías e o XII Maratón Popular do Baixo Miño. A saída foi ás 8,30 dende Tui, pasando por Goián, Ponte de Amizade, Vila Nova de Cerveira (Portugal), novamente a Ponte e pola estrada nacional chegando a Tui despois de percorrer a distancias homologada pola Federación de 42 km. 195 m.
Nesta proba Francisco Sanmarco (Paco), residente en Pontecesures e pertencente ó club Atletismo Sar-Mahia, chegou no cuarto lugar, realizando un tempo de 2:48:43 (4:00 minutos por kilómetro) e acadando o seu primeiro título de Campión Galego de Maratón.
Cabe resaltar as duras condicións meteorológicas nas que se desenvolveu a proba.
:: Ligazóns de Interés ::
* «Resultados da proba (PDF)»:http://www.fgatletismo.es/RESULTADOS/2005_2006/Vigo/Gallego%20Maraton.pdf
* «Fotografía da Chegada de Francisco Sanmarco»:http://www.fotografiadeportiva.com/fotos-maraton-tui-baixo-mino-2006/slides/tui-baixo-mino-IMG_3296.html
* «Outras Fotografías da proba»:http://www.fotografiadeportiva.com/fotos-maraton-tui-baixo-mino-2006/
7 comentarios
O Presi · 24-10-2006 a las 23:00
As miñas felicitacións Paco, os éxitos no deportivo como na vida mesma sólo se consiguen con moito traballo e esforzo, e ti eres un bo exemplo que aglutina esas cualidades ademais de un profundo amor polo deporte. Ánimo e non pares nunca.
Begoña · 25-10-2006 a las 14:51
FELICIDADES PACO!!
Felecitacións polo triunfo, campeón. A verdade é que eres un fenómeno, ganaste porque o merecías, sigue así.
Bicos.
fru · 25-10-2006 a las 16:16
FELICIDADES PACO! Noraboa polo título.
MARY · 25-10-2006 a las 17:00
FELICIDADES CAMPEON:
Miña noraboa polo triunfo conseguido. O traballo o tempo e o esforzo que lle dedicas o teu hobby preferido polo menos dache esta merecida victoria. Estou moi contenta polo teu gran triunfo Paco. Un bico.
Luis Angel Sabariz Rolán · 25-10-2006 a las 18:20
Sempre me chamou a atención ver a este esforzado campión polas rúas entrenando nas condicións que se presentasen (frío, calor, choiva, etc..). Quero enviarlle unha agarimosa felicitación, dicíndolle que é un exemplo para todos.
So · 25-10-2006 a las 19:10
Noraboa Paco. Está claro que sin esforzo non se consigue nada. Co teu triunfo decheslle unha lección ós que se renden á primeira de cambio.
¡¡¡¡FELICIDADES!!!!
Paco S. · 28-10-2006 a las 00:41
Moitas grazas a todos polas felicitacións das que non son merecedor. De casualidade chégoume este premio, non cos meus mellores cronos, e despois de 30 anos dedicado a participar en moitas carreiras. En realidade, por facer o que realmente me gosta: CORRER.
Dedícollo a miña familia en especial a Moni e Antía que son as que realmente sufren os meus entrenamentos; dedícollo tamén a toda a xente que fai deporte e a que se preocupa de que se poida facer, o meu clube o Sar-Mahía, e como non os meus compañeiros de entreno: Roberto,Tetu,Paquito,Alex,Miguel e Uxío os cales teñen gran parte deste éxito. MOITAS GRAZAS.