Comentario enviado por Libelula25 sobre a escola infantil

Publicado por Antonio Cortés en

Como habitante deste pobo gustariame poñer en coñecemento,de todo o que visita esta páxina,unha serie de irregularidades que existen no interior da escola infantil.

Non hai unha lavadora nin unha secadora,non hai babeiros para os nenos,non hai tarteiras para facela comida,a galeria mete auga e no pasillo patinase como nunha pista de xeo.

Hoxe mesmo unha das empregadas caeu cun bebe no colo e gracias a deus non pasou nada.Pero que non pasase hoxe non quere decir que non pase outro dia.Con todo isto,o máis grave ainda é que nunca hai unha directora ca que falar,á que pedirlle respostas ou darlle unha queixa.

Espero que isto sirva de algo e se lle poña solución a todos estos problemas.

Categorías: Educación

91 comentarios

Antonio Cortés · 24-10-2006 a las 15:07

Espero que esa situación sexa amañada en breve.

Aproveito para lembrar que calquera nova, aviso, anuncios, eventos, sucesos, … En resumo, calquera cousas que consideredes poida ser de interés para os cesureños pode ser enviada a redaccion@pontecesures.net e será publicada ó momento.

Un saudiño,

Antonio Cortés

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-10-2006 a las 18:03

Ainda que son concelleiro da oposición, «Libélula 25» informeime, visitando a Escola Infantil e falando coa Directora e con outras persoas, sobre a túa denuncia e expoño o seguinte:
-Efectivamente non hai lavadora nin secadora que debían ser instaladas pola empresa adxudicataria do servizo. O problema é que hai que facer unha obra de fontanería (non se fixo coa obra principal) por parte do concello para que teñan toma de auga. A roupa é lavada e secada fóra das instalacións por parte das empregadas.
-Hai necesidade de contar con máis babeiros e tarteiras (o material está deteriorado polo uso constante)
-E certo que entra auga porque a galería está mal selada. Como a plaqueta que está nesta zona da galería e moi lisa, esbárase moito e xa non é a primeira vez que caen persoas. Realmente non da boa impresión para os pais/nais dos nenos atoparse alí trapos e toallas por ese pasillo, sobre todo tratándose dunha instalación nova.
No DOG nº 189 de 29.09.06 publicouse a Orde de 26 de setembro de 2006 de Vicepresidencia para a Igualdade e o Benestar que establece axudas para os concellos que sexan titulares de escolas infantís. O máximo das axudas son 12.000 ? para obras e 10.000 ? para equipamentos. O prazo para presentar solicitudes remata o vindeiro 30 de outubro e parece ser que o concello de Pontecesures vai solicitar axudas para selar a galería e para colocar unha nova soleira nesa zona problemática. Tamén para adquirir novos materiais para a escola.
De tódolos xeitos en materia de materiais (babeiros, tarteiras, etc..) non teño claro se as obrigas de facilitalo corresponden á empresa ou ao concello. Tamén considero que a directora debía ter un horario fixo para a atención aos pais/nais dos nenos.
Sobre estás dúas cousas preguntarei maña no pleno ao concelleiro de Educación, Sr. Baliñas porque é necesario coñecer detalles da adxudicación á empresa de acordo co contrato asinado no seu día có concello. Estaría moi ben que viñeras ao pleno que é ás 20,30 horas de mañá mercores.
Esperemos que todos estes problemas sexan arranxados con celeridade porque que a gardería funcione ben, interésanos a todos.

nai · 25-10-2006 a las 16:49

Son nai dunha nena que acode á gardería e quero deixar constancia, según a miña experiencia, do bo funcionamento da mesma, tanto a nivel das atencións prestadas os nenos e nenas como da información das educadoras os pais e nais.Penso que estos comentarios desprestixan un pouco este bo funcionamento, e poden sembrar dúbidas.
Aspectos mellorables pode habelos, por suposto.
Referente ós resbalóns e algo que se pode evitar, ainda que sexa cunha alfombra ó longo de toda a galería, mentras se busca unha solución definitiva.
En canto a Directora, eu cando quero falar con ela e non esta, dígollo ás educadoras e elas facilitanme unha cita, na mesma semana.

Luis Angel Sabariz Rolán · 25-10-2006 a las 18:14

Por suposto «nai» que o peor que pode ocorrir é desprestixiar á gardería que ten unha ben gañada fama de que funciona correctamente. Agora ben; as críticas hai que analizalas e, sen alarmarse, tratar de buscar solucións. A obriga dos concelleiros e tratar de que os veciños conten cos mellores servizos posibles.

Antonio Cortés · 25-10-2006 a las 18:17

agradezoche o comentario «nai», como ben dis estos comentarios poden desprestixiar o bo funcionamente, e non buscan eso, so amosar unha opinión y contrastalas con outras coma a túa, a cal é moi importante (non son habituales os comentarios «positivos» fronte os «negativos», independientemente do tema a tratar, sonche cousas normales da nosa natureza).

Moitas veces, algunhas situacións, poden chegar a mal termino simplemente por non saber como resolvelo (preguntando, a que porta chamar,…). Dende aquí buscamos que esto sexa máis sinxelo, alguen plantexa unha dúbida/opinión: Calquera outro pode aclarala ou simplemente dar outra opinión ou plantexar o tema doutra forma.

Un saudiño.

Luis Angel Sabariz Rolán · 26-10-2006 a las 09:54

Preguntei no Pleno ao concelleiro de educación, Sr. Baliñas, esta cuestión e se aclararon os temas. Recoñoceu as deficiencias anunciando que se ían solicitar fondos para corrixilas e que se ía formar unha nova unidade polo gran número de nenos que demandan o seervizo. Non me sentou ben que por interesarme polas deficiencias me chamase «emporcador» e me acusase de interrogar a unha traballadora do centro. Eu nunca tratei de prexudicar á escola infantil e o único que fixen e interesarme como concelleiro polo que sucedía. Parece que facer oposición molesta e debemos limitarnos a seren concelleiros de adorno. Para facer este papel é mellor non ocupar un cargo público.
A pesar de todo, teño que agradecer ao Sr. Baliñas que alomenos se permitise o debate (falamos tres ou catro veces cada ún). Iso é enriquecedor e así o público que acode ás sesións infórmase dos temas. Non fai o mesmo o alcalde que rehuye todo tipo de debate non deixando falar a ninguén.

Flor · 26-10-2006 a las 19:15

¡Lo qué leo! Es dificil de entender en los tiempos que vivimos que las empleadas de la guardería tengan que lavar el material de los niños en su casa por su cuenta. No me huele bien esto y me suena a explotación de la empresa. ¿Dónde está los sindicatos?.
Por mucho que se quiera evitar por el BNG se sabe por boca de ellas, que las empleadas de la guardería están muy descontentas con su salario y que hacen muchas horas. El beneficio es todo para la empresa y ellas a dar el callo y a aguantar las ausencias de la directora. Repito es «vox populi».
Y esa era la defensa de los trabajadores que proclama el BNG. Todo fachada.

Tuso · 27-10-2006 a las 09:20

Hola Flor:
Benvida ó apaixoante mundo da empresa privada.

Moscón · 28-10-2006 a las 22:57

Pois a min tamén me dixeron que as empregadas da gardería cobran moi pouco polo excelente traballo que fan. Parece que ó carismático Baliñas non lle agradou nada que houbera críticas a gardería porque pensan que alí teñen un viveiro de votos para o BNG pero as cousas torcense.
O BNG de Cesures non defende ós traballadores. Estivo a muller de Baliñas nesa empresa textil pantasma relacionado coa xestoria onde traballa a señora do alcalde e que lidera «Mar Fashión». As mulleres que traballaron máis horas que María Santísima tardaron en cobrar moitísimo. A empresa cobrou unha gran subvención pública e logo marcharon todas as traballadoras incluída a muller de Baliñas. Este concelleiro nin abreu a boca pois é un lacaio de Angueira. Prefireu quedar ben co seu xefe que defender á súa muller de Infesta. Todos sabemos a conexión de Angueira coa xestoría onde colocou a muller e a irmá e o taller textil e que axudas públicas.
¿Vai defender Baliñas e o alcalde ás traballadoras diante a empresa da gardería con eses antecedentes? Tururú que te ví.

Pepero · 30-10-2006 a las 20:00

Pues el otro día en el Super hablaba una señora que daba la sensación de que trabajaba en la guardería y decía que estaba cansada de la empresa. Yo no la conozco pero insistía en que las empleadas debían de ser del Ayuntamiento

Flor · 30-10-2006 a las 20:45

Por tu comentario, Tuso, parece que estás algo explotado en la empresa privada. ¿Es así?.
En la guardería el concello tiene que actuar si hay excesos.

Tuso · 30-10-2006 a las 22:23

Hola de nuevo Flor, espero que no tomaras a mal mi comentario anterior. Lo hice en tono irónico, pero sin intención de ofender.
No se hasta que punto el concello debe actuar en caso de excesos, al ser una concesión (supongo), pero dudo que lo haga, ni que sepa que tipo de contratos tienen los empleados, cuantas horas reales trabajan y en que condiciones trabajan.

Cambiando de tema, no me gusta emplear el termino «explotado» al describir mi situación laboral para no ofender a mucha gente que trabaja en peores condiciones.

maria · 2-11-2006 a las 17:02

Non creo que o Sr. Baliñas faga nada, non é unha persoa moi agradable que digamos, non sei nin como está no concello porque cos veciños non e que fale moito.El no concello xa arreglou o seu sinon pasade por Infesta e ver que ahora a súa casa ten unha entrada e saída que antes non tiña e se lle arreglou desde que el esta no concello, mentras a outros veciños case se lle está cerrando o acceso a súa vivenda cando realmente sempre o tiveron. Pasar por Infesta e ver as grandes obras que fixo este concello …. Ah! e xa non podede apreciar a grande cruz que nos puxeron…. (de risa)

Vaticanista · 2-11-2006 a las 21:37

Hai que lembrarlle as mulleres de Cesures que traballan na gardería: Benaventuradas as que choran, polo escaso salario, porque elas serán consoladas.
Gozades dunha alegría interior e dunha paz que non cambiades por nada. Deus está aquí; non hai cousa mellor que contarlle a El as penas para que deixen de seren penas.

`Paspallás · 4-11-2006 a las 00:17

As mulleres da gardería están afectadas pero ningunha quere contar nada. Verás que cabreo van ter cando a xente do obradoiro de emprego vaia aprender alí. Cobrarán bastante máis as aprendices que as profesionais. Que llo agradezan a Baliñas e ao bombeiro-toureiro Angueira.
Xa me enterei que no pleno anunciouse un módulo máis para a gardería porque hai moitos nenos. Sei con seguridade que xa anda Angueira ofrecendo postos de traballo na gardería polo pobo para gañar votos. Esa é a boa política do BNG de Cesures. E estos son os defensores da honradez e da igualdade de oportunidades. ¡Idevos para a casa por trapalleiros!

xiao · 4-11-2006 a las 15:07

Supoño que para ofrecer postos, primeiro terán de deixar sen traballo a alguén. Tal vez o Sr. Angueira non pense ter o voto asegurado de algunh@ traballador@. En canto o dos soldos e moi fácil, os alumnos pagáselle cunha achega da Consellería, e os empregad@s da gardería como son empresa privada co que estipule o convenio da mesma, aínda que sinceramente para ser persoas cuns estudios medios de técnico e coa responsabilidade de coidar os meniños cobran menos que calquera outr@ peón non cualificado (con todos os meus respectos a ditas persoas), deixando importantes beneficios na empresa, xa que de eso se trata. Ademais pódese aforrar dos 60 l. de auga que propoñen o ter que lavar as empregadas na casa (comenta Flor en data 25/10).

Tiroliro II · 4-11-2006 a las 19:19

Se hai más nenos, a empresa necesita máis traballadores por iso da ratio e da normativa. Angueira, como dixo Sabariz, xa anda ofrecendo a tituladas o chollo. Sobre todo a algunhas que están cabreadas e que levaron o curriculum ao concello cando abreu a gardería e que nin lle fixeron caso.
O BNG quere ter a gardería como un reducto nacionalista para gañar votos. Na festa de fin de curso de xuño pasado colouse Sabariz na entrega de premios e comezou a falar con algúns pais. Contáronme que foi de risa ver a cara de Baliñas e de Xurxo o da pretoriana sorprendido pola inesperada visita do omnipresente.
Me dixeron que unha das mulleres da gardería «raja» moito contra a marxinación salarial. E un loro vamos.

kaka-tua · 7-11-2006 a las 20:39

Que se preparen as rapazas da gardería, vistos os antecedentes en defensa da «clase obreira? (¡qué tempos e que discursos, eh Molu!)

http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=1017876&lnk=PONTECESURES

Conflicto laboral que acabou deste xeito:

http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=3053603&lnk=ALCALDE,PONTECESURES,CONDENADO,CIG

Así que chicas da gardería, se queredes melloras ??salariais-laborais? non se vos ocurra acudir a ningún sindicato, é menos á CIG… Creo que vos vai interesar mellor que Angueira gañe as eleccións, e se pode ser por maioria abrumadora, e a facerlle a ??pelota?, que, algo sacaredes e non coma os da CIG no concello tratados coma ??apestados?. E o enfrentamento acabou cos bloqueiros da ??garda pretoriana??de representantes sindicais (por CCOO, creo). Vivir para ver…

E vos ??chicas da gardería? tendes 2 formas de vivir: en silencio e tratando de ??pescar melloras? se caedes «graciosas» e vos portades ben; ou reclamando o voso con dignidade… pero sodes tituladas universitarias e esto está de mais que volo recorde… Tan só mirade quen fai o traballo e ten responsabilidades, e quen se leva a ??pasta?.
Sei que duas de vos, polo menos, estades cabreadas e xa falades polo baixo, cando o cabreo se transforme en enfado seredes mais claras e denunciares a vosa situación…

E mentras o máximo dirixente do BNG Anxo Quintana non fai mais que alabar ó alcalde e goberno municipal…
Sindicatos verticais, represión sindical, eleccións amañadas con candidatos ??a dedo?… Parecenme os tempos do FRANQUISMO, e todos a cantarlle ó sol (¿acordaste daqueles tempos, Molu?… lastima que non teñamos ??grises? para repartir paos e ostias a quen se mova, así ninguén podería cuestionarte).
En fin… que o de INDIGNO é un termo bastante apropiado…

Soqueiro · 7-11-2006 a las 21:30

Ten razón o cacatúa este. A gardería buque insignia do BNG vaise a pique. Persoal cabreado=pasotismo (que traballe Rita)=pais menos contentos=baixada de votos para o bloque. A Angueira e a Baliñas vanlle caer as tarteiras vellas e escaralladas na cabeza.

Tiroliro II · 8-11-2006 a las 19:14

Como tira kaka-tua da hemeroteca. Moi ben. Quén non lembra cando veu aquel Henrique Outeiral da CIGA e Angueira botóuno fóra do pleno. Haber se agora van os do sindicato nacionalista pola gardería e investigan o que pasa co persoal da empresa esa ANA NA PRAIA (ou un nome parecido).
Hai que lembrar tamén que Angueira pertencía ou pertence á CIG-Ensino. Afiliado de luxo.

Paspallás · 8-11-2006 a las 23:47

Pero onde están agora eses que foron delegados da CIG como Teresa a Cacharra, Raquel a asistente social e Manel e que non van a gardería.
Claro que a pretoriana e Elías o do colexio e que son de Comisións tampouco van a nada. Que sindicalistas temos no concello.

V.S. · 10-11-2006 a las 18:13

Tamén hai outra deficiencia na gardería que hai que corrixir. Lindando coa parte traseira do patio hai un caseto vello e sen uso que pode ser un foco de infeccións. Debía derrubarse dunha vez.

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-11-2006 a las 11:26

Estou de acordo «V.S.». Ese era un garaxe dunha das antigas vivendas dos mestres que está en terreo municipal. A ACP xa solicitou hai tempo que fora derrubado por razóns sanitarias. Tamén o demandan os veciños das vivendas próximas.

"eu" · 13-11-2006 a las 19:24

Vexo que este tema da guardería convirteuse nunha escusa para facer guerra política, que nin me vai nin me ven, posto que acabo de chegar o este pobo e non coñezo…..,mentras tanto, fai tres semanas que se produciu o «desafortunado resbalón», ata o de agora ¿sabedes que cambios se produciron?, a famosa alfombra sigue na tenda e a desafortunada coidadora está DESPEDIDA, os nosos fillos teñen unha coidadora menos, e nos andamos como nos tempos de Franco, sin dicir pio…e con cara de parvas…. non vaia a ser que se tomen represalias contra os nosos fillos.

Pachochiña · 13-11-2006 a las 20:55

Pois haberá que interesarse por eso da despedida porque e moi grave botar a unha persoa por esbarar cando o piso é deslizante. Franquista é verdade.
Isto e alleo a guerras políticas e se o goberno BNG consinte estas aberracións terá que responder ante os cidadáns.

Paspallás · 14-11-2006 a las 00:06

Xa estaba informado deste asunto hai días e resulta vergoñento que se bote do traballo a unha veciña de San Xulián polo mero feito de caer no traballo por culpa da humidade do chan. Se esta muller fose do BNG sería despedida?. Que dice agora o alcalde? Que dice Baliñas?. Que dicen os sindicatos?.
Esto debe investigarse porque unha empresa non pode facer o que queira cos traballadores. E logo estes nacionalistas de chirigota falaban da explotación que facía o PP. ¿Botarían a esta traballadora se fose a muller ou a irmá de Angueira?

Luis Angel Sabariz Rolán · 14-11-2006 a las 17:08

Efectivamente estou informado que una traballadora cesureña da escola infantil que levaba pouco tempo contratada xa non está a prestar servizos nas instalacións. Estaba en período de proba e descoñezo as razóns da empresa adxudicataria para prescindir desta traballadora aínda que, no período de proba, estas decisións axústanse á legalidade.
Dende logo sería grave que tivera algo que ver na decisión unha simple caída motivada polo mal estado do piso da galería. Imaxínome que o goberno local coñecerá as razóns da decisión da empresa. Ata agora non se contratou no lugar da traballadora en cuestión ningún substituto/a.

Fashion · 14-11-2006 a las 22:39

Es una verguenza que el BNG no defienda a las trabajadoras de la guardería ante la empresa esa. Bueno después de que el alcalde abandonara a todas aquellas mujeres que trabajaron en el taller textil del muelle que se va a esperar. Aún me acuerdo de la presentación que hizo con el empresario para presumir y ganar apoyos. Ah¡ pero cuando las cosas fueron mal con las mujeres explotadas y sin cobrar no dió la cara. Yo no sé lo perdonaré nunca.
Claro a su mujer y a su hermana le iba bién en la gestoría y siguió aquello de ande yo caliente ríase la gente.

Tiroliro II · 15-11-2006 a las 18:50

En Cesures aínda hai medo a denunciar estas situacións. Isto cheira mal xa que e raro que alguén sexa despedida no período de proba cando ademáis as compañeiras da gardería estaban contentas co traballo desta moza de San Xulián segundo manifestaron en varios sitios.
Imos ver logo qué enchufada do alcalde ou de Maribel «a da Escola» entra coma substituta.

Paspallás · 15-11-2006 a las 23:49

Hui esto apesta porque oin que nese despido hai razóns ocultas e mal rollo. Penso que todo sairá á luz pronto.

Azote · 16-11-2006 a las 11:34

Menuda historia la que ocurrió entre el personal de la guardería. Parece ser que hubo acuerdo entre algunas trabajadoras para criticar lo que estaba pasando en la instalación y luego la que echaron (oí que se llama Verónica) fue la que escribió en esta página el comentario con un seudónimo.
Hubo compañera o compañeras chivatas y le contaron lo sucedido a la empresa y así la echaron fuera. Lo típico en Cesures en donde prima el pelotillero, el chivato y el correveidile.
Este es un asunto feo, feo. No hay libertad para expresarse en Pontecesures y se vive un régimen de terror laboral propiciado por el equipo de gobierno municipal. Que desastre y que falta de compañerismo de unas trabajadoras sumisas que venden a quién sea por cuatro perras.
Haber que dice ahora el concejal Baliñas encargado de estos asuntos de la guardería y de las relaciones con esa empresa. Es una nulidad y ahora le estalla esto.

Luis Angel Sabariz Rolán · 16-11-2006 a las 17:07

Se é certo o que dí «Azote» (a mín xa me estrañaba un cese no período de proba porque a traballadora xa ven doutra gardería) entón debería dar unha explicación do sucedido tanto a empresa como o alcalde ou o concelleiro con competencias sobre o funcionamento da escola infantil.

kaka-tua · 16-11-2006 a las 20:25

Pois si, todo apunta a outra ??cacicada? tua, Molu!!! Se é certa a miña información, complementaria a esta de ??Azote?, e a pouco que ate fios, todo apunta a unha ??man negra?. Os feitos ata onde sei (e repito que teño contrastado, pero coma sempre con reserva):
– Hai unha educadora que ten a desgracia de sufrir un incidente en forma de resbalón, cunha criatura no colo. (O mellor é que non pasou nada a ningunha)
– O resbalon pode deberse a certas deficiencias que presenta a gardería Por certo, ¿vichedes que esta semana saiu unha noticia na prensa que se pedian 21 mil ? para arranxos e melloras na gardería? Estaría o do chan incluido nesas melloras?
– A susodicha educadora ? FILLA DE JOS? Mª CARL?S. ¿Porqué cito a este veciño aquí? Importante dato. Próximo ó PP, e nas anteriores municipais un dos apoios de Extragusa na lista que presentara. Ademais é directivo da Asociación de Vecinos de S. Xulian, a mesma que arranxou a capela románica (sen a axuda do Concello, recordemos) ¿Certo ou non anterior concelleiro de obras, Sabariz? E que últimamente pide o traslado do cruceiro que está ó lado da gasolinera.
– Polo que leo aquí, dita educadora atrevese a denunciar nesta páxina a situación, en complicidade con algunha compañeira… (recordade que hai dias dixen que eran polo menos duas as empleadas que estaban molestas ca súa situación laboral.)
– Outras compañeiras, presuntamente, a denuncian á dirección, quen non dubida á hora de poñela na rúa. Para elo, parece que aproveitaron que a educadora estaba en ??periodo de proba? (dinos Sabariz) pois levaba pouco tempo contratada. Curioso esto último, pois a rapaza xa traballara para esta mesma empresa noutra guardería que xestiona, polo que antes valia, agora nun principio tamén, por eso a chaman para a de Cesures, pero logo non vale? Algo non cadra….
– Agora temos a unha moza csureña no «paro», a toda unha familia, empezando por ela mesma moi disgustada., e a un equipo de goberno que non mira, nin aclara publicamente nada. ¡menudo papelón, concelleiro de «educación» Baliñas!
– Todo fai sospeitar dunha ??larga man negra? por atrás… ¿A venganza sírvese en prato frio, Molu? ¿Para eso é para o que vales e estas capacitado?
– Mentras o pobo tense que enterar por esta canle dos feitos, e no teu partido ninguén di nada… ¿transparencia e democracia no BNG? JA JA JA

Luis Angel Sabariz Rolán · 16-11-2006 a las 20:56

Costéstolle a «kaka-tua» o seguinte:
1-Segundo as miñas informacións incluéuse o arranxo do solo esbaradizo da zona da galería na subvención solicitada á Vicepresidencia da Xunta.
2-E certo que o concello non subvencionou a rehabilitación da Capela do Pilar en San Xulián.
3-Teño entendido que a traballadora estaba en período de proba, pero cómo estivo antes nunha gardería da mesma empresa imaxínome entón que tería un contrato novo.

Este caso é lamentable e as explicacións son moi necesarias. Na rúa xa fe fala nada menos que dunha rapaza represaliada nos tempos que vivimos. Non podo falar máis neste intre pero as informacións chéganme por todas partes.

Tiroliro II · 17-11-2006 a las 20:19

Cruel chivatazo o de algunha mala compañeira na gardería. Agora a pregunta é a seguinte: ¿A acuseta descubreu a Verónica Carlés Ferro ante a empresa ou ante o alcalde e Baliñas que querían sabelo?. Penso que é máis probable a segunda posibilidade coñecendo as andainas destes pesoeiros que temos a frente do concello e que xogan co persoal. E mira que son listos os dous. o alcalde interino toda a vida sen aprobar proba algunha e estando na zona pola política. Do outro habería moito que falar en relación coa Xunta. E mellor calar.

un veciño · 17-11-2006 a las 20:58

¿ Estamos a falar de rumores ou de feitos ? o único feito contrastable é que esta rapaza xa non continua na gardería, o resto son faladurías.

Tilán · 17-11-2006 a las 22:14

O malo deste asunto é que nos coñecemos todos, se habitaramos nun concello de polo menos 50.000 veciños este asunto xa non sería o mesmo, penso eu.

Que esto sirva de comidilla, que queredes que vos diga, nin fu nin fa, hai que ter máis talante, parece que estamos a meternos na cociña dos veciños e a min eso,… persoalmente non me sirve.

Hai que ter un tempo morto, o concello contrata cunha empresa e hai que deixar respirar esa relación contractual; parecemos, non sei…. estamos ó acecho constantemente, pobre Baliñas….

Non todo sirve, non é facer leña de todo, hai que seleccionar, ehhh, sen querer cando se nos toca o fieltro somo do máis intervencionista, tampouco é así a cousa, eso de analizar, xulgar e comentar, sen coñecemento profundo da cuestión, non sei…. aínda tendo unha materia diante dos ollos, xa o dicía Renato Descartes, os ollos son os ollos ¿podeste fiar deles? pois sobre calquer asunto sistema a adoptar: «método cientifico».

Queridos pais e familiares da rapaza afectada que queredes que vos diga, non tendes a unha parenta de concelleira no governo do concello, pois para darlle solución a este problema a ela teredes que acudir para que interceda, …. digo eu.

Sigo a dicir que é un asunto complicado, que movémonos nun metro cadrado, e para adoptar solucións concuspicentes para o conxunto cidadán, hai que ser moi «Puskas» (hoxe falecido Q.E.P.D…. e que era moi resolutivo en moi pouco espacio).

? un asunto difícil e sen coñecelo non sei resolvelo nin comentalo, se algo dixen mal solicito dispensa.

Boa noite.

Vaticanista · 18-11-2006 a las 15:49

Só lle queda á familia Ferro rezar a San Xulián para que unha das súas non volva a ser rexeitada polas maniobras dunha empresa e dun goberno que se dí progresista. Baliñas esta ausente ¿Exercicios espirituais?

Tiroliro II · 18-11-2006 a las 18:13

Non son rumores veciño, son feitos contrastados que coñece todo Cesures menos tí . Vouche dicir máis, as tres persoas que acordaron poñer a nota de denuncia a nome de Libélula 25 foron as traballadoras da gardería Verónica, Eva e Naty. O que non está claro é quén foi logo a chivata (senón foron as dúas) e a quén deron o chivatazo.
Quén coñece todo e o alcalde e o concelleiro Baliñas. Resulta incrible que non defendan á traballadora represaliada.
¡Animo Verónica porque me dixeron que eres moi boa traballadora!. Trepas e pelotilleros sempre houbo en Pontecesures. Que che sirva de lección. Unha aperta.

Bécquer II · 18-11-2006 a las 18:35

Follón en la guardería
Baliñas es un inepto
ya tenemos el concepto
¡Vago de noche y de día!

Periquito · 18-11-2006 a las 19:13

Pero se a empresa que leva a gardería e privada. Por qué metedes ó concello no medio?

Azote · 18-11-2006 a las 23:36

Véis como el asuntillo tiene tela. Los Ferriño cabreados, las que quedan en la guardería molestas y buscando quién fue la Judas, Baliñas queda en pelotas y anda de usmia preguntando quién escribe en esta página en lugar de resolver el problema y el alcalde como siempre de campeón en el Náutico y buscando enchufar a alguién de su cuerda en la guardería.
Frase del BNG en estos días: MAMMA MÍA, MAMMA MÍA; SE NOS VA LA GUARDERÍA

Luis Angel Sabariz Rolán · 19-11-2006 a las 15:44

E evidente «Periquito» que o concello é o titular do servizo da escola infantil e non pode desentenderse do que ocorre aínda que a xestión fora adxudicada a unha empresa privada. Considero que o alcalde e o concelleiro de educación tiñan que defender a unha veciña de Pontecesures que é unha boa traballadora. Agora o certo e que está desempregada. Haber que explicacións nos da o equipo de goberno.

papa · 19-11-2006 a las 18:13

A nosa sociedade é tanto a sociedade do espectáculo como da vixilancia do que fan os demáis. Están as persoas que producen os comentarios e os/as que os difunden. Recollémolos e espallámolos baixo o prisma político o cal nos sentimos ligados e que nos fai caer en contrariedades cada vez prendemos o ventilador.

Antonio Cortés · 19-11-2006 a las 18:25

Sobre os comentarios, sin lugar a dúbidas, cada quen comenta o que lle parece segunda a súas ideas e forma de ver as cousas.

Respecto ás entradas «Recollémolos e espallámolos baixo o prisma político o cal nos sentimos ligados», excepto esta en concreto, a maioría son de xornais, de ahí que entendo que o comentario vai sobre tódolos medios de comunicación (máis ou menos politizados) e non sobre este weblog, que non pon unha cousa si e outra non, senón tódolo que aparece na prensa, moi lonxano de partidismos e similares.

Unha boa forma de determinar esas contradiccións (e contrariedades) é simplemente falandoas, en este medio ou en outro. Unha sola luz fai unha sombra, moitas e vindo de varios sitios fan desaparecer esas sombras, unha norma da fotografía, que debería ser aplicada tamén a información, cantos máis medios, cantos máis datos (por moi incompletos que sexan) se teñan, máis facil é atopar o que é real, o que non é real, e sobre todo: o que é importante e o que non é tal.

SEIVE · 20-11-2006 a las 13:27

ESTOU FARTO DA XENTE QUE FALA POR FALAR, NA QUE FAI QUE A POLITICA D? MÁIS NOXO CADA DÍA. QUERO PRONUNCIARME E DIRIXIRME AS PERSOAS QUE FAN DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE PONTECESURES UNHA ARMA POLITICA, SEN TER EN CONTA O TRABALLO DO PERSOAL QUE ALI TRABALLA, COAS CONSECUENCIAS QUE UN S? COMENTARIO PODE TER NUN ENTORNO EDUCACIONAL COMO ? A ESCOLA INFANTIL.

INCREIBLE O TRABALLO DA DIRECTORA, SEMPRE INTENTANDO AXUDAR E ORIENTAR ?S PAIS DO MELLOR XEITO, E QUE PUXO A FUNCIONAR A ESCOLA QUE AGORA ? MODELO PARA OUTRAS (PADR?N, VALGA…).
ANIMO…E SEGUIDE ASÍ, QUE AS MELLORAS NA ESCOLA E COUSA DO CONCELLO…NO DA VOSA FUNCION EDUCACIONAL CO´S NOSOS NENOS…

Antonio Cortés · 20-11-2006 a las 13:34

Recordatorio: os comentarios DEBEN ESCRIBIRSE EN MIN?SCULA, e o emprego de maísculas está restrinxido a o seu uso habitual, enfatizar ou marcar parte do comentario, pero non para destacalo TODO.

Un saudiño.

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-11-2006 a las 13:51

Dende logo «SEIVE» eu nunca puxen en dúbida o bó funcionamento da escola infantil nin a valía ou dedicación de ninguén. Houbo unha queixa sobre as instalación que estou seguro que se vai corrixir e un problema laboral serio pois a empresa prescindeu dunha boa traballadora de Pontecesures en circunstancias, cando menos, pouco claras. Como membro da corporación e tendo en conta que o concello é o titular do servizo, pretendo que o equipo de goberno facilite información sobre o sucedido. Non me veñas con armas políticas nin queiras que se corra un tupido velo sobre este feo asunto. Hai unha prexudicada do pobo e a obriga do concello é defendela. Gobernar tamén é dar a cara nestes casos difíciles. Recibir felicitacións e parabéns e moi doado, e dicir que todo son inventos da oposición tamén.

un pai · 20-11-2006 a las 13:53

Attn. de Antonio:
SALVO QUE O DIGAS BERRANDO, COMO SEGURO O FAI SEIVE, QUE DENDE AQUÍ LLE DOU TODO O MEU APOIO. E por certo, opinar sí pero aquí dende a alegría do anonimato todos a escachar caia quen caia. Seguro que algún escacha dendo o PC dalgún organismo público e en horas de traballo, ou incluso dende o propio Concello, porque se non non se explica tanta inoperancia na maioría dos departamentos administrativos financeiros.

Antonio Cortés · 20-11-2006 a las 14:07

«un pai», seive ten razón, politizar todo non ten lóxica ningunha, pero parece que é algo moi dificil de conseguir.

Só estaba a lembrar o problema das maísculas (continente) e nada do contido.

De todas formas «sí pero aquí dende a alegría do anonimato todos a escachar caia quen caia» (dito dende o anonimato). Eu podería escribir como «administrador», ou coma calquera nome, a verdade e que comento ben pouco, en grande medida debido a que estou moi perdido, 7 anos fora da terra son moitos anos, pero non, coido que son responsable das miñas opinións e sin problemas.

Como unha pequena información/aclaración, non hai tantos «anonimos» como parecen, moita xente escribe con alcumes pero identificanse (cun correo válido), que so se pode ver dende a administración, algo moi bo xa que amosan que non queren que sepan quen son (porque non é relevante) pero dan a cara fronte a calquera cousa. Esto é moi importante por si hai que contactar con eles, darlles algún aviso ou información (como pequenas reglas de formato para a web).

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.