Texto do escrito de Sabariz ao Delegado de Traballo sobre a discriminación por razóns políticas na selección de persoal.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Para o servizo ??Conserxería e control dos locais municipais? subvencionou esa consellería ao concello de Pontecesures a contratación dun conserxe ao abeiro da Orde de 23 de marzo de 2006 que regula os programas de cooperación para o fomento do emprego 2006.

Logo da oferta de emprego presentada, a oficina de emprego de Vilagarcía enviou, coa correspondente carta de presentación, a seis traballadores chegando a relación ao concello con data 08-08-06, vía fax, e fixándose a entrevista para o día 14 de agosto de 2006.

Dos seis traballadores convocados non foi seleccionado ningún deles e o alcalde pideu máis candidatos. Por esta circunstancia denunciei no seu día a discriminación por razóns políticas da miña cuñada Angeles Barreiro Ferro que era, curiosamente, a única residente en Pontecesures. Nada podería dicir se fose seleccionado un traballador/a dos outros cinco pero ao rexeitar a todos, dedúcese que a miña cuñada non se adecuaba a un posto de simple conserxe aínda que é unha desempregada de longa duración.

Como con posterioridade foi enviada pola oficina de emprego de Vilagarcía outra persoa que logo foi contratada, solicitei a comprobación do expediente de selección seguido no concello o 18 de agosto pasado (algún día despois consulteino tamén na oficina de emprego). Permitíronme a comprobación no día de hoxe (esta demora de máis de dous meses decidida polo alcalde foi denunciada ao Valedor do Pobo).

Analizado o expediente quero comunicarlle a Vde o seguinte:

1-As 11,55 horas do día 14 de agosto (a entrevista comezou ese día sobre as 12 horas) foi enviado dende a oficina de emprego ao concello, vía fax, o curriculo doutra traballadora que non estaba na relación orixinaria das seis, e que logo foi contratada.. Chama a atención que desta última se envíe un currículo cando os outros traballadores teñen unha simple carta de presentación e a entrevista durou pouco máis dun minuto.

2-Dende a oficina de emprego e telefónicamente se encargou o envío dun telegrama ás 12,36 horas do propio día 14 á nova candidata para que comparecera na casa do concello ás 11,30 horas do día 16 de agosto para a entrevista. O sexa que mentres se estaban a entrevistar os aspirantes xa se estaba a oficina de emprego citando a outra traballadora que non ía na relación orixinaria.

3- Aparece así na relación de aspirantes a seren conserxe o nome desa sétima traballadora engadido con escritura de tinta a man.

4.-Aparece no expediente un escrito do alcalde datado o día 14 de agosto solicitando novo envío de posibles candidatos para o posto de conserxe ??que poidan complementar o listado que manexamos?. Pero, sorprendentemente, ESTE ESCRITO ENVÍASE Á OFICINA DE EMPREGO DE VILAGARCIA ÁS 12,05 HORAS DO 18 DE AGOSTO DE 2006, VÍA FAX. Foi elaborado o escrito o día 18 pero se lle puxo data do 14 e por iso non ten número de rexistro de saída do concello. Evidentemente é imposible dar saída a un documento con data do día 14 sendo o día 18.
Resulta extraño que a oficina de emprego envíe unha nova candidata a conserxe e incluso fixe unha entrevista ANTES DE FACER A SOLICITUDE FORMAL O CONCELLO.

5-Non comprende este concelleiro como a oficina de Vilagarcía envía unha nova candidata, que logo foi seleccionada polo concello, estando inscrita como conserxe na oficina de emprego xustamente o venres 11 de agosto horas antes da entrevista de selección prevista para o luns 14 de agosto. Na sondaxe prevista no artigo 12.3 da Orde de 23 de marzo de 2006 non saiu a nova traballadora pois aínda non estaba inscrita como conserxe xa que a relación foi enviada pola oficina de emprego o día 8 de agosto. Non se entende como se desvirtúa así a sondaxe prevista na normativa incluíndo xente que se anota ??a posteriori? na oficina de emprego por indicación do propio concello.

6-Tamén o día 18 de agosto o alcalde solicitou, vía fax, unha prórroga a esa Delegación para comezar as tarefas de conserxería a primeiros de setembro. ¿Por qué? Pois para posibilitar a selección como conserxe desta outra persoa que tiña nos días 21 de agosto e seguintes un contrato para traballar uns días na administración autonómica.. Asi na tarxeta de demandante de emprego presentada no concello por esta traballadora seleccionada aparece como inscrita na oficina de Vilagarcía o 28 de agosto de 2006 despois de rematar eses traballo Non parece moi lóxico que se contrate a unha traballadora nos programas de cooperación con data de inscrición como desempregada posterior á da entrevista de selección dos traballadores.

Con este cúmulo de incidencias, penso que estamos ante un caso de grave discriminación por razóns políticas da miña cuñada Angeles Barreiro Ferro.

Tendo indicios de que se cometeron irregularidades, comunícolle esta información a Vde. aos efectos oportunos e non dubidando que se adoptarán medidas para que estes feitos tan desagradables de discriminación desaparezan dunha vez por todas na selección de persoal das administracións públicas.

Pontecesures, 7 de novembro de 2006

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

SR. D. PEDRO BORRAJO RIVAS
DELEGADO PROVINCIAL DA CONSELLERIA DE TRABALLO
V I G O


2 comentarios

Un da charca · 8-11-2006 a las 20:50

Coñezo a Angeles case desde que era un bebé. Alcalde, non hai dereito ao que fixeches. Non te remorde a concienza?. Se fora a túa irmá que dirias.

Paspallás · 8-11-2006 a las 23:57

Chéganme novas de que na taberna de Vieites dicen que todas estas chanchulladas están a pasarlle factura a Angueira, pero tamén o PP pois din alí que non fan nada. De Gerpe opinan que é un bó amigo.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.