A ACP critica que o concello non asumise o gasto da colocación dunha carpa na prazuela para o Magosto 2006
NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)
O vindeiro venres celébrase no patio cuberto do CPI Infesta un Magosto organizado polo centro sendo o importe dos beneficios do mesmo para a excursión que celebran cada ano os alumnos de 4º da ESO.
E unha verdadeira mágoa que este evento non teña lugar como o ano pasado na Plazuela situada no centro da vila. Podería acodir máis xente a unha festa vistosa e sería un motivo de animación nas rúas centrais para pais, nenos e público en xeral na tarde-noite do venres.
Segundo as informacións que teño, o concello non afrontou neste ano a colocación dunha carpa na plazuela (o alcalde falou de problemas orzamentarios) e os organizadores decidiron entón celebrar a festa no patio do colexio por temor ao mal tempo ou á choiva.
Para esta agrupación resulta triste que o concello non coloque unha carpa como no ano anterior para que os rapaces celebren o seu magosto no centro da vila.
Houbo outros actos culturais e festivos que non tiveron esta negativa. Esgrimir motivos orzamentarios cando o grupo de goberno nin presentou os orzamentos 2006 parécenos patético. Que os nenos do colexio teñan que padecer esta negativa é xa o colmo da ineficacia do alcalde e do seu goberno.
Pontecesures, 8 de outubro de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures..
0 comentarios