A actividade extraescolar de aeromodelismo da ANPA comezará o mércores día 15 de novembro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

EducacionA saída das clases da tarde do día 15 de novembro ás 16,50 horas haberá unha demostración onde os alumnos do CPI Pontecesures poderán apreciar o vóo dos pequenos avións e incluso dun helicóptero en miniatura.

As 17 horas comezarán as clases para iniciarse na montaxe destes singulares aparellos nun aula do centro e serán impartidas polo monitor Francisco Javier Barreiro Castaño que reside en Pontecesures e pertence ao Club Estela de Aeromodelismo de Santiago de Compostela.

Esta ANPA fai un chamamento para que acodan o maior número de nenos/as informando que as clases están dirixidos a alumnos/as de máis de 8 anos de idade.

Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente da ANPA


1 comentario

Paspallás · 13-11-2006 a las 00:24

Dicen no concello que estos avións tamén andan con gasoil, e que no próximo pleno o alcalde vai respostar que o gasoil que sobrou do náutico foi para estos aparatos. Creo, coma aturuxo, sen dúbida o BNG de Pontecesures aposta pola tecnoloxía.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.