Comienza el pavimentado de las calles San Lois, Víctor García y Sagasta

Publicado por Antonio Cortés en

La zona céntrica de Pontecesures será objeto a partir de hoy mismo de trabajos de mejora del firme, según informó ayer el equipo de gobierno municipal. Se tratará de obras de pavimentado que afectarán en concreto a las calles San Lois, Sagasta y Víctor García. La actuación, cuyo presupuesto asciende a 41.690 17 euros, está incluida dentro del Plan Provincial de Cooperación (PPC) del ejercicio 2006.

La empresa Sercoysa Proyectos y Obras S.A. fue la adjudicataria de los trabajos, que afectarán al tramo comprendido entre la vía del ferrocarril hasta el final de la calle Víctor García.

El gobierno bipartito de Pontecesures solicitó a los residentes en la zona afectada y también a los vecinos en general que desculpen as molestias que puedan ocasionarse durante el período de tiempo en el que se mantengan las obras.

:: Diario de Arousa ::


11 comentarios

Tilán · 14-11-2006 a las 20:02

Xa tempo hai que a política no dereito penal estaba pola labor da reinserción e non polo castigo unica e exclusivamente.

Acolléndonos a esta línea, xa o dixen noutra ocasión, que é interesante redimir as penas con traballo (imos deixalo así para que non se líe a cousa e non entrar en tecnicismos, nin precisións non necesarias neste ámbito, sobre todo porque entorpecen a idea do comentario).

Pois ben nesta intención redentora, estamos asistindo ó comenzo dun facer cousas no concello todas á vez, cousas me refiro a obras, actividade, movemento, o concello que estaba en letargo parece que desperta…

Vale, en favor da nosa Aldea todo o que se faga para ben, nada hai que dicir.

«Pavimentado das rúas san lois, victor garcia,sagasta….» «Obras no naútico»…. «Obradoiro de Emprego», «60.000 euros para a reforma da nave do obradoiro»… non sigo, hai mais cousas, …. é certo.

O bipartito non está parado ¿quén dixo o contrario?

Os partidos da oposición, xustamente fan eso, oposición, criticar ó governo de que non fai nada,… eso á vista dos «feitos» citados non é certo, o bipartito está en marcha.

¿Cal é a razón de que se lle teña que pedir máis a un governo que actúa en minoría, coa oposición galopante dos outros partidos, un presidente da corporación que apenas dispón de tempo para adicarse ó concello?.

Non hai razón, o que hai é envexa, medo a que o BNG retome posicións, faga as cousas ben, e REDIMA os ERROS, con moito TRABALLO.

¿Porqué non?

Pero como en todo pode mirarse a cousa doutro xeito.

A outra visión de tanto pavimentado de san lois, victor garcia e sagasta e tanto lustre acelerado, pode estar en «MAIO 2007».

O INDIGNO, que sin dubida pode deixar de selo, (ollo!!! leviatán non gracias, haberá quen leviatán síiii, gracias)

Repito, os obxectivos sí…pero, os xeitos e as formas tamén, non vale campo a través, O INDIGNO dicía é un «homo sapiens» ou «O sofós anthropos», (máis ou menos) e mira para o «QUINTO» (o quinto mes do ano 2007).

Están os lobos coas bocas abertas, pero:

INDIGNO, ou moito cambia a cousa ou, NON TEMAS, de chegar a haber xuízo (asunto gasoil, utilizarás todo tipo de suter_fuxio legal, con afán dilatorio) cando se poida dicir «RES IUDICATA» non che afectará ós resultados do «QUINTO MES». (poderán inhabilitarte como moito,,,pero maio 2007 terá pasado)

Que vemos os veciños, un sr. alcalde que como todos ten os seus problemas, que non pode governar á gusto de todos, pero que as cousas están feitas, as obras andando ou xa realizadas e bla,bla,bla.

Quen falaba de «¿feitos?» era o sr. alcalde veciño «os feitos falan»….

Supoño que o noso sr alcalde estará traballando seriamente ante os seus amigos da administración autonómica (o que cambian as cousas…) para obter máis obras, máis cartos, máis cousas para o concello, e ten un argumento moi válido: «que ven o «QUINTO»..»»».

Oposición, como vai selo conto?, só queda dicir que de calqueira xeito non vale.

Non. Non vale.

Pero…se non deixa falar nos plenos ¿a quén lle importa?,
Se vulnera os acordos adoptados ¿a quén lle importa?.
Que puxo un pouco de gasoil no seu coche, os veciños dirán «pois que queres que che diga», os coches non andan solos, etc, etc, haberá dous ós que lle importe e haberá catro ós que non.

Teremos tripartito. ¿a quén lle importa?.

O bó e que «las calles de san lois, victor garcia y sagasta» parece que van a pavimentarse.

ISO ? O QUE QUEDA.

Me parece que eran «semen up» (ó mellor os novos non saben desto) cando cantaban «lo estás haciendo muy bien, muy bien,….» e os veciños dician «sigue así… tocando esa guitarra» ¿ok?

Boa noite.

Luis Angel Sabariz Rolán · 14-11-2006 a las 20:44

Esta obra é do Plan Provincial de Cooperación 2006 que existe en tódolos concellos «Tilán» e consiste en fresar e volver a pavimentar a estrada dende o paso a nivel ata o Bar La Marina. Este pavimento presenta un estado lamentable dende hai tempo e a obra, que vai executarse en poucos días, é moi necesaria. A elección desta obra xa fora decidida a finais de 2005 e a ACP xa solicitou en varias ocasións que se adiantase o máis posibel.
Como non hai orzamento aprobado (nin presentado) houbo que facer unha transferencia de crédito no orzamento prorogado de 2005 para financiar a aportación municipal. Agora outras partidas quedarán esgotadas pronto e haber como se cerra o exercicio 2006. Como oposición non quixen discutir este tema orzamentario que daría para moito. Para que logo diga o Sr. Alcalde que non queremos que se faga nada….

polanco_grupo prisa · 15-11-2006 a las 12:53

vexo ven que se pavimenten as ruas do centro de cesures,xa ke dende que se meteu o gas estan desfeitas….pero se asfaltamos…que se faga ben,non como na N-550 que da pena,xa que esta peor asfaltada do que estaba.
Ahora temos unha via de tren con railes onde se meten as rodas dos coches…a chamada alta velocidade gelega…para que digan que non somos modernos.
para mais señas:n-550 a altura da tarroeira…
Digo eu que o concello terá unha opinion sobre isto.saudos

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-11-2006 a las 13:57

Claro que é moi necesario o pavimentado das rúas centrais que foron, efectivamente, danadas por mor da colocación das tubarías do gas cidade en 2000 e 2001 (xa foi pavimentado hai tempo o tramo que vai dende a Gestoría AFYT ata o paso a nivel central). En concreto a estrada que agora se pavimenta xa non soportaba o paso doutro inverno.
A estrada nacional é pavimentada non polo concello senón pola Unidade de Estradas en Pontevedra do Ministerio de Fomento que é o organismo encargado do mantemento. Practicamente en cada ano botan unha microcapa de asfalto nas zonas danadas xa que é unha estrada onde circulan moitísimos vehículos.
Deduzo, polo teu comentario, que denuncias o paso de vehículos por enriba da redonda da Tarroeira na estrada nacional (a da antiga Chanteclair) e que logo quedan os surcos na herba. Tamén pasa algo parecido na redonda da praza de Pontevedra. E triste que haxa persoas que fagan isto (se é intencionadamente, claro) pero xa leva sucedendo hai tempo.
Saúdos «polanco_grupo prisa» e ti dirás se acertei na interpretación do comentario.

Tuso · 15-11-2006 a las 16:31

Pregunto. E se ás rúas foron danadas polos señores do gas cidade, ¿daquela non se lle podía esixir que a arreglaran eles? ¿Porque tivemos que aturar ata agora as «chapucillas» desa empresa?

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-11-2006 a las 17:42

Non todo o deterioro foi da canalización de gas «Tuso». Pensa que estas rúas foron pavimentadas por última vez en 1.995 uns días antes das eleccións municipais. Hai o deterioro lóxico polo paso do tempo. De tódolos xeitos as obras de Gas Galicia influiron moito no deterioro e se solicitou moitas veces que asumisen o custo do pavimentado de todo o vial pero só estaban na obriga de repoñer as zanxas. Non se portou moi ben a empresa gasista, e verdade.

Tiroliro II · 15-11-2006 a las 18:59

Pois estará contento Alfonso Diz, aquel médico concelleiro no anterior mandato xa que ten alí a casa e o firme estaba todo escarallado. Me dixeron que volve a política da man de Sabariz na súa ACP para intentar ser concelleiro de novo. ¿Será certo?.

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-11-2006 a las 20:12

Imaxínome «Tiroliro II» que o amigo Alfonso estará tan satisfeito pola pavimentación como os numerosos residentes nas rúas San Lois, Sagasta e Victor García e como os numerosos veciños que circulamos a miudo por esas rúas.
Por certo, Alfonso Diz nunca deixou a ACP tendo máis ou menos dedicación en función do seu traballo. Despois de ser concelleiro no período 99-03 foi de nº4 na lista nas derradeiras eleccións. Agora está moi implicado e todo indica que, efectivamente, vai ir na lista da ACP o ano que ven.

Tuso · 16-11-2006 a las 10:01

Boa nova a do Sr. Diz. Sempre da mais tranquilidade saber que se presenta xente preparada, sexa na lista que sexa.

Paspallás · 17-11-2006 a las 00:53

Sabariz, véxote moi confiado, pero comentáronme que o doutor Diz se leva moi ben co «parracho» e que os viron no Corona de Galicia ó tempo cun concelleiro do BNG.

Luis Angel Sabariz Rolán · 17-11-2006 a las 08:37

Que ques que che diga «Paspallás». Alfonso Diz é un home de palabra e comprometido coa ACP. Teño constancia de que se leva moi ben tanto co amigo Fernando Rodríguez como con moita xente. Só faltaría que non poidera falar con todo o mundo polo seu posicionamento político.
Por certo, ao que non lle gosta nada que veña Alfonso na nosa lista é ao Sr. Alvarez Angueira que sempre tenta de que me deixen abandoado. Digo isto porque me consta. Non é falar por falar.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.