Choiva de Estrelas
Adicado a dona Margarita Carolina, Concelleira de Cultura, con quen bebería un par de grolos, sólo que teño moita verjonsa en desirllo,… eu son da Aldea. (Espero que se entere desta adicatoria tan cutre)
Algúns que compartimos «autorictas» neste tema sabémolo, outros deste pobo supoño que non, para o coñecemento da xente da nosa SMALLVILLE que é PONTECESURES (xente á que de momento lle quero moito) e para que non esquezamos que sempre hai algo máis alá, para o coñecemento de todos, vai este pequeno artigo.
O meteor scatter ou reflexión (dispersión) meteórica fíxose nalgún tempo dende as «Cortinallas» ou dende o «Pozo da Cornelia» ou dende o Caldeirón, ou dende Condide, ou vaian vostedes a saber dende onde….ó mellor tamén dende Enfesta.
¿De qué estamos a falar? Dun reto. Hoxe a ese reto, pasoulle como a James Dean:; «Viveu rápido», «morreu xoven», «e foi felíz».
O meteor Scatter, as lágrimas de San Lourenzo… ¿quén non ouviu falar das Perseidas no mes de agosto?… empezamos a entrar en materia.
¿Sabedes o que son ás Quadrántidas, as Líridas, as Aquáridas, as Oriónidas, as Taurinas etc.?
Pois son algúnhas das principais choivas de meteoritos, que temos enriba das nosas cabezas e das que seguramente non nos enteramos.
O Meteor Scatter é unha modalidade de comunicacións de radio que se fai a moi altas frecuencias (VHF), modalidade mediante a que se pode conseguir contactos a «longa distancia».
Creede esto, aproveitase a estela que deixa a estrela fugaz ó cair, ese rabo é unha zona ionizada rica para rebotar nela unha onda de radio que mandamos dende Enfesta, dende as Cortinallas, dende Condide ou dende o monte de Porto, e deste xeito logramos así distancias comprendidas entre os 700 e 1800 Km., ainda que en condicións excepcionais podénse acadar os 2000 Kms ou incluso sobrepasalos, a duración da reflexión é limitada desde décimas de segundo ata incluso uns poucos minutos.
E ahí está o reto, cando se traballa (na radioamateur) con lonxitudes de onda que son longas, falamos de 40, 80 ou 160 metros dentro das altas frecuencias (HF) o mérito ou logro de falar dende O POZO DA CORNELIA ou dende o Caldeirón ou dende o Monte de Porto con TASMANIA,… ten moito mérito,… pero non tanto se o comparamos co mérito de falar con Noruega…
PERO cunha lonxitude de onda moi pequena, como pode ser unha onda de 2 metros e aproveitando a zona ionizada que nos deixan as estrelas fugaces coas súas colas ou estelas.
¿ Quén nos ía dicir que as estrelas fugaces que vemos poden aproveitarse para tal cousa ? ¿ Precioso,
Pois resulta que no mes de agosto ten lugar unha choiva moi importante polo numerosa que é, técnicamente midese polo número de ecos/hora, esa choiva é a das PERSEIDAS, nese intre e cun procedemento de traballo e aparatos que si vos conto caseque vos da a risa, podese lograr contactar Pontecesures con Estocolmo, sen sair da casa, e utilizando o que antes dixen… o rabo das estrelas fugaces como poste repetidor, esto (este contacto) confírmase despois con envío de cartas por correo postal.
Non vou falar do procedemento, só dicir, que hai un sitio na rede, (entre outros sitios, a mesma HF) onde se poden concretar as citas para aproveitar este fenómeno da natureza.
As choivas de meteoritos son un gran numero de partículas que viaxan agrupados describindo unha órbita arredor do Sol, nun intre determinado a órbita da Terra coincide coa destas masas de meteoros e son atraídos nun corto espazo de tempo ata a Terra. Estas partículas proveñen da formación do noso sistema solar, orixinariamente liberadas por cometas e asteroides.
Estos ó cair á Terra desintegranse e producen unha ionización que é a que antes dixen aproveitamos. Hai veces que algunha destas partículas non chega a desintegrarse de todo e poden chegar a cair á Terra, formando cráteres; estas partículas que chegan á Terra son meteoritos.
Como introducción coido que abonda, se a alguén lle interesa pode obviamente facer consultas en internet ou visitar páxinas nas que se da explicación deste tema, de igual xeito para entrar na onda podese pasar a xente por a URE.
:: Enviado por FOSTER_DO_CALDEIRON ::
0 comentarios