ACP critica a incompetencia do alcalde en materia de emprego.
NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)
Nestes días estánse a coñecer as cantidades concedidas, en concepto de subvencións, aos distintos concellos por parte da Consellería de Traballo en virtude do I Plan Integral de Emprego regulado pola Orde de 31 de maio de 2006. Temos información de que prácticamente tódolos concellos da comarca Ulla-Umia tiveron subvencións para contratar traballadores desempregados por prazo dun ano ( Catoira 12 traballadores, Moraña, 6, Cuntis 8, Valga 4 etc..) con cantidades que nalgúns casos superan os 100.000 ?.
Con profunda decepción recibimos a nova que Pontecesures quedou fora deste Plan de Emprego por unha razón insólita. Sorprendentemente o concello nin fixo a solicitude.
Amósase unha vez máis a ineficacia e a mala xestión do alcalde na súa condición de xefe de persoal pois pérdese unha oportunidade fundamental para potenciar os servizos municipais con novo persoal e para empregar a veciños de Pontecesures paliando o desemprego da zona.
Ademáis pérdese tamén unha subvención que podería superar os 50.000 ? (por comparación cos outros concellos da zona) sendo isto grave para un concello con poucos recursos.
Sempre está a dicir o alcalde, sen razón algunha, que, ao estar en minoría, a oposición impídelle sacar adiante proxectos. Agora non sei que vai dicir pois na perda desta importante subvención non ten nada que ver esta agrupación e sí a incompetencia e despreocupación do Sr. Alvarez Angueira.
Solicitamos unha explicación urxente do alcalde das razóns polas que o concello non presentou a solicitude na Delegación de Traballo.
Pontecesures, 18 de decembro de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures
0 comentarios