PAPA NOEL ADIANTOU A SUA CHEGADA E O PONTECESURES C.F. CONSEGUIU O PRIMEIRO PUNTO DA TEMPORADA
Este podería ser un titular-resumo do encontro: que gracias á sorte en forma de regalo de «Papa Noel» o equipo de futbol sá conseguiu empatar a 5, gracias a un postreiro gol do debutante Dani «Cachopo».
Pero se este fose o único resumo estaríamos sendo inxustos, pois o Pontecesures C. F. encontrou no seu rival, o Concello de Paderne, un equipo que en nada lle envidiaba. Ademais, as gañas de puntuar polos cesureños traduxéronse en que non perderon a FE, e nunca «arroxaron a toalla» . Así o marcador ó descanso era de 1 a 3 para os visitantes, pero os goles de Marcos «Pichi», (quen está rentabilizando CON GOLES o seu dobre posto de xogador e entrenador), e do xoven Dani serviron para que, nunha 2ª parte de infarto o equipo acadase, POR FIN E NON SEN MERECEMENTO a seu primeiro punto. Teñen inda mese de competicion para mellorar, tanto en xogo coma na clasificación, pero polo menos alguén xa non gañou contra o Pontecesures C.F.
¡ Enhoraboa os xogadores, entrenadores e directiva, así como ó publico que, a pesar do frio que facía no polideportivo animou ó noso equipo, e que no 2007 acadedes moitas mais victorias !
1 comentario
fru · 26-12-2006 a las 17:15
Por fin 18 dias despois podo volver a escribir entradas na web (nestes 18 días so podia poñer comentarios, pero non crear novas entradas). Gracias en especial a Antonio Cortes, pois fixen o que me dixo, e cun novo navegador instalado podo voltar a escribir.
(Teño que confesar, sobre a nova que escribo, que só aguantei no poli ata o descanso… onte e hoxe mesmo preguntei e fixen a crónica de oidas).
Noraboa especial a Marcos «Pichi», e tamén para Hermo, pois xa se empezaba escoitar na grada o de
«entrenador dimite» 🙂
O dito, feliz 2007 e sorte Pontecesures C. F.