Non se celebrou o pleno ordinario por falla de quórum.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O pleno de hoxe mércores non se celebrou porque só acodiron tres concelleiros nacionalistas (José Antonio Baliñas como alcalde en funcións, Margarita García Castro e Ana Portas). Dende a maña sabíase que o alcalde non ía asistir porque tiña unha reunión con outros alcaldes da Mancomunidad do Barbanza-Outes polo tema da folga do lixo, mentres a 1ª Tenente de Alcalde Maribel Castro argumentou que saía de viaxe e non podía estar no pleno. O quórum mínimo en Pontecesures son catro membros da corporación.

Os membros da oposición PP, PSOE e ACP sí fomos á Casa do Concello pero non acodimos ao pleno pola ausencia do alcalde. Ten pendientes de respostar varias preguntas dos plenos de outubro e de novembro e trata sempre de non comparecer para que non se controlen as súas actuacións. E certo que había unha reunión de alcaldes polo tema do lixo ás 19 horas pero o alcalde pudo adiantar ou atrasar á sesión chamando aos voceiros. Incluso pudo cambiala para o xoves contactando con ditos voceiros ou enviar á reunión ao concelleiro de Medio Ambiente. O que ocorre é que o alcalde quere que pase a sesión ordinaria de decembro e non someterse aos rogos e preguntas ata a sesión a celebrar o derradeiro mércores de xaneiro de 2007. Aproveita todo para non estar presente no máximo órgano do concello nunha clara actitude de cobardía.
Así agora o pleno suspendido vaise celebrar en 2ª convocatoria o venres 29 de decembro ás 20,30 horas e xa temos á convocatoria automática segundo a normativa. Vímonos na obriga de non asistir hoxe en 1ª convocatoria para que o alcalde o venres resposte ás preguntas pendentes. Esperemos que asista e que de a cara.

Especialmente triste foi a mentira de Maribel Castro. Dixo que ía de viaxe e que non podía asistir ao pleno e á hora da sesión estaba no municipio (concretamente no Centro Social). Outra cobarde que non quere presidir as sesións cando falla o alcalde. Non respecta Maribel nin á institución nin a os seus compañeiros de corporación.

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


8 comentarios

latin-casi-retro · 28-12-2006 a las 07:59

No día de hoxe 28/12/2006 aparece na prensa a modo de disculpa o suceso do señor «Baliñas»;; según me comentou o veciño da Curuxa, o careto do nazonalista, non era un careto de broma, como dí a noticia, o careto de Baliñas era de moi mala uva.

Sr. Baliñas, supoño que é dificil, pero cando se está en público hai que saber controlar a uva mala, xa que logo o seu zumo non se vende.

Parece ser que saiu vostede coma un:

«Tuzarillo del Umia» …que non «Lazarillo de Tormes» dicindo, «se non se celebra o pleno vaianse vostedes para fora»… pero seica o peor foi o tono, que non foi de broma, pero sí de menosprezo para os que alí se atopaban…

Posiblemente lle pareceu mal non poder exercer de presidente da sesión plenaria, por elo considerou unha traición o Kompló da oposición …

Tuso · 28-12-2006 a las 09:37

Estos que gobernan non deixan de sorprenderme. ¿Esto non será a inocentada de hoxe?

latin-casi-retro · 28-12-2006 a las 10:34

Non Tuso, ogalla se tratara de inocentada. ? triste, ese é o calificativo…

Tuso · 28-12-2006 a las 11:02

Si, estou dacordo, é ben triste.
Dadas as circunstancias paréceme moi correcto a actitude da oposición, forzando esa 2ª convocatoria automática, inda que vistas como están as cousas témome que os ausentes de onte volverán a a argallar algo para non aparecer tampouco hoxe. En calquera caso o que teño claro é que acabará o ano sen que os que gobernan den explicacións de nada.

Mais que triste. ? penosa a actitude do «alcalde en funcións» e xa creo que é moi despreciable, a falta de mais datos que a xustifiquen, o feito pola Sra. Castro.

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-12-2006 a las 11:14

Ollo «Tuso», o pleno en 2ª convocatoria é mañá venres 29 ás 20,30 horas, NON HOXE.

Tuso · 28-12-2006 a las 12:07

Xa non sei nin en que día vivo.
Graciñas pola aclaración 😉

Flor · 28-12-2006 a las 18:14

¿Irá el alcalde mañana al pleno?. Cha, cha cha, chan…

Paspallás · 28-12-2006 a las 23:33

¿E irá Maribel a da Escola? Pois penso que non. Vai ser o segundo intento de mañá un pleno moi interesante. A min estráñame que apareza Angueira pois dar o brazo a torcer non é o seu. Penso que ese Tuzarillo del Umia (xenial a definción de latin-casi-retro) vai presidir a sesión como alcalde en funcións. Coño, se inhabilitan a Angueira polo gasoil xa temos un bó sustituto en Baliñas que é un home da administración de moitas luces por iso traballaba de noite…..

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.