Mañá domingo día 7 Festa na honra do Patrón San Xulián.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O programa de actos é o seguinte:

* As 10,45 horas : pasarrúas polo grupo “Algueirada” da ANPA do CPI Pontecesures.
* As 13,00 horas : Misa Solemne na Igrexa Parroquial.
* As 19,00 : Concerto de Corais na Igrexa Parroquial. Actuarán a Coral Polifónica de Urdilde (Rois), a Coral Polifónica Virxe de Guadalupe de Santiago e a Coral da Asociación “A Barcarola” de Pontecesures.
* As 21,00 horas : Gran Verbena amenizada polas orquestras IMPACTO e NOVA MODA. Segundo as últimas informacións a verbena celebrarase na xona do Pino Manso preto do CPI Pontecesures.

Lémbrase que o luns día 8 é festivo local en Pontecesures. Así foi declarado polo concello como un dos dous festivos locais en 2007.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.