A ACP denuncia que permanecen dende as festas os danos na rúa Namorados de Porto.
NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)
Dende que se celebraron as festas de Porto en agosto pasado permanece un tramo da beirarrúa da rúa dos Namorados (nas proximidades da praza dos Valeiros) coas lousas completamente destrozadas. Esta beirarrúa foi danada polos camións das orquestras ao non soportar o peso.
Transcorriron 5 meses dende as festas e aínda non foron arranxados os daños. Ademáis do prexuizo aos veciños, dáse unha sensación de abandono dun espazo da vía pública moi negativo para o noso concello.
Noutros anos tamén houbo os mesmos danos na rúa dos Namorados, pero, alomenos, se repararon cunha celeridade razoable tras realizarse as xestións oportunas.
Polo exposto, prégase ao alcalde que se fagan todo tipo de xestións con urxencia para que o firme da beirarrúa sexa arranxado nos vindeiros días.
Pontecesures, 23 de xaneiro de 2007
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures
3 comentarios
gaiteiro de porto · 24-01-2007 a las 18:06
en porto que gasten menos cartos en traer a panorama e xunten para facer un campo da festa coma é debido que o que teñen vaia por deus.O que tiña que arranxar a acera debia ser a comisión de festas de porto e non o concello,por querer meter palcos onde non se poden.vos que creedes? que pague o concello ou a comisión?
Tuso · 24-01-2007 a las 18:45
Home, por lóxica, eu creo que debería de pagalo quen o rompeu.
Paspallás · 25-01-2007 a las 00:04
Pois eu penso que a beirarúa esa vai quedar así ata as festas 2007. Xa faltou máis tempo e porque a van a arranxar para rompela outra vez os camións, JO ,JO, JO,…..
Tampouco volve ao sitio una maceta grande que estaba preto da beirarrúa naquel terreo comprado as Capatazas na praza de Porto. Isto é intencionado para permitir aos clientes do Choco que aparquen na beirarrúa. De vergoña. Angueira permite todo, e un bó rapaz, non dí a nada que non, e pasa moi ben a mán polo lombo.O que se fai polos votiños….