Hoxe ás 20 horas reunión de propietarios de terreos afectados polo proxecto de parque empresarial de Redondo-Tarroeira
Hoxe día 26 ás 20 horas no bar «La Moderna» de o Forno-Cordeiro, celébrase unha reunión destes afectados que esta convocada por varios deles. Lémbrase que a primeiros de decembro presentáronse no concello máis dun centenar de sinaturas solicitando unha reunión informativa ao alcalde para tratar sobre este tema.
A reunión celebrouse o xoves día 18 de xaneiro na Casa do Concello sendo recibidos os representantes dos afectados polo alcalde e polo Xerente de Xestur-Pontevedra, Emiliano Quintillán.
Precisamente no día de hoxe os veciños que asistiron á reunión van a informar a tódolos demáis sobre os temas tratados no concello.
2 comentarios
Paspallás · 26-01-2007 a las 23:20
A xente xa pouco cre no polígono ata que pasen as eleccións. Estaba na barra da Moderna o concelleiro socialista de Valga Fontenla que non paraba de falar como entendido do polígono. Outro socialista que queda fora coma Gerpe. Os sabelotodos das barras van sendo eliminados
Terabyte · 1-12-2007 a las 20:32
Dicía noutro comentario «CdC» que : «A xente dalle o mesmo?a ignorancia é a rama dos manipuladores de masas?.Naquela reunión da taberna do «nuestroseñoriño», puden comprobar que a xente somo uns auténticos carneiros movidos por outros moito máis carneiros ca nós.¡Qué pena!.
Alí había entorno a 60 persoas, propietarios das terras que podían ser afectadas por ese polígono, xa preguntaban prezos, xa facían contas, alí concluían se lles interesaba ou non. Foron advertidos que o asunto estaba moi crudo que precisaba de moitos trámites previos antes de chegar a falar de prezos, pero amigos ¡o carto! non deixa ver. Dígome eu, verdadeira manipulación das masas, sen consultalo nin con Dios, nin co pobo, propuxo foder un montón de terra nun obxectivo tan nulo coma inoportuno, falábase de que para proveito propio do Ex- non o sei. O que si me ven á cabeza era o rebaño que tiña montado, ¿que dirán estas xentes? xa estaba a Xunta no asunto, eso vai adiante, xa me meteron estacas na leira, naquela reunión díxose de todo, pero unha das principais razóns de levalo adiante, era que o dito terreno precisaba dun acordo maioritario que o recalifacara para poder adicalo a tal uso, eso ignorabao todo quisque, e Angueira naquel intre non dispoñía de maioría suficiente para tal cousa.
Esto dame que pensar que pretendía volcar á xente enriba da oposición, primeiro cebaba aos propietarios enchéndoos de ilusión e cando o «clamor popular» alcanzara cotas elevadas, ¿quén ía decir no pleno que non? dame que pretendía volver a poñer a pistola ao estilo obradoiro de emprego. Razón desta reactivación da noticia, pois eso a «facilidade de mover xentes», de enganalas, de esperanzalas… e ahí se quedou todo. «solo onde se poida construir» esa é a calificación.