Grave accidente de tráfico en O Pino. Un cesureño implicado.
Na mañá de hoxe nunha curva da zona de Ameal, no termo municipal de O Pino, un Audi A3 guiado por una muller colisionou cunha furgoneta da empresa «Espina y Delfín» na que ían tres traballadores que se dirixian a Touro. Faleceu o traballador que ía no asento do copiloto, de 44 anos e natural de Bueu. Resultaron feridos os outros dous traballadores da furgoneta e a conductora do Audi.
A furgoneta ía guiada polo cesureño e traballador de «Espina y Delfin», Rufino Diz García, que vive na rúa Ullán 52 (é o home de Mª Teresa Gil García que traballa na biblioteca de Pontecesures). «Rufo», como así o coñecemos, está ingresado no Hospital Clínico de Santiago e, o parecer, ten contusións múltiples en cara e pernas pero o seu estado non reviste gravidade. Envíolle unha mensaxe de ánimo que fago extensiva á súa familia.
1 comentario
Luis Angel Sabariz Rolán · 5-02-2007 a las 14:17
Confírmase que «Rufo» non ten lesións de gravidade. Recibeu puntos de sutura na língoa e perdeu algunha peza dentaria. Pola tarde vai ser intervido dun sionllo. Ten un estado anímico delicado pola perda do seu compeñeiro de traballo.