ACP solicita a retirada dos postes da Cruz de Infesta.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)

Hai xa un par de meses rematou practicamente a obra de acondicionamento da Cruz de Infesta que foi incluída no Programa LEADER PLUS da ADR ULLA-UMIA que tivo unha execución moi lenta con varias incidencias (queixas pola colocación de adoquíns nas beirarrúas porque o firme é irregular nas mesmas, colocación dunha cruz ornamental inadecuada que nada ten que ver cos típicos cruceiros galegos, problemas coa altura da balaustrada, etc…)

O que está pendente todavía e a retirada dos vellos postes de Unión Fenosa e de Telefónica que son agora un auténtico estorbo e deslucen a actuación.

Prégase ao alcalde, que se fagan as xestións oportunas para que sexan executadas canto antes as obras de retirada destes vellos elementos como demandan moitos veciños e así a actuación no lugar de Infesta remata dunha vez por todas.

Pontecesures, 6 de febreiro de 2007

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


1 comentario

Moscón · 8-02-2007 a las 16:58

A cruz foi elixida por Maribel «a da escola» cun gusto horrible. Que lle imos pedir. Dixéronme que un ano decorou un belén no nadal na igrexa. Un adefesio, feísimo. Nin idea….

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.