O alcalde de Pontecesures entrega un dos premios ‘Arousán do Ano’ do Diario de Arousa

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

No VI aniversario do Diario de Arousa foron entregados por este medio, onte no Auditorio de Vílagarcía, os premios “Arousán do Ano”, acto ao que asistiron varios alcaldes e autoridades autonómicas e provinciais.

Foron premiados o comisario Simón Sabariz Rolán, a Fundación Galega contra o Narcotráfico, Protección Civil de Vilagarcía, a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, o Gran Hotel Hesperia A Toxa, Apaioga, o colecivo ecoloxista Adega, o Instituto nº 1 de Riveira, a Cámara de Comercio de Vilagarcía, Jesús Paz presidente do Porto de Vilagarcía, Sara Gómez Ferreirós, Manuel Diz Andión, Ramón Caride Ogando, Carlos Blanco Vila, o concello de Rveira polo centenario da cidade e houbo unha homenaxe para tres alcaldes que deixan o cargo (Telmo Martín, Joaquín Gago e José María Tobío).

O alcalde de Pontecesures, Manuel Luis Alvarez Angueira, entregou o premio “Arousán do Ano” á Asociación Profesional de Axentes de Oportunidades Galega (Apaioga) polo traballo que realiza o colectivo a prol da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. En representación desta asociación recibeu o premio Consuelo Ribadulla.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.