Aprueban implantar la jornada en el colegio de Infesta.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

sinal-nenos.jpgLos padres de alumnos del colegio de Infesta aprobaron, mediante votación, la implantación de la jornada única en el centro de cara al proximo curso escolar. El colectivo “Por la jornada única”, manifestó su agradecimiento a los progenitores que votaron a favor del “si”, logrando vencer a la posición “defendida por la ANPA, presidida por Luis Angel Sabariz Rolán”

DIARIO DE AROUSA 05/04/07


3 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-04-2007 ás 11:39

Pois a ANPA nin acordou nin fixo manifestación algunha relacionada con esta consulta respectando a opinión de cada pai/nai.
Individualmente cada persoa elixiu a súa opción e os membros da Xunta Directiva da ANPA fixeron o mesmo nas urnas.
Cumpreuse a normativa, como non podía ser doutro xeito, e pouco máis hai que dicir. Ogallá sexa positivo o novo horario para mellorar o rendemento escolar dos nenos.
Noraboa aos partidarios da xornada única (moitos amigos meus que están nesta posición estaban moi contentos) polo resultado da votación. A decisión está tomada e resulta absurdo tratar de reabrir discusións.

si ou non · 8-04-2007 ás 08:33

Este comentario paréceme que sobra, hai que felicitar a todos los pais por ir a votar foran para un ou outro.
E si os pais non damos exemplo tratando de seguir divididos entre os “si” ou “non” mal vamos. Houbo unhas votacións gañou un “si” e xa está deixar de revolver sempre no mesmo, igual que si gañara o “no”.

Jesus · 9-04-2007 ás 10:35

Non sei se haberá algún pai dos futuros alumnos do próximo curso escolar o que se lle preguntara se estaba dacordo coa xornada única. A min, como pai, desde logo que non e pareceme unha falta de respeto que non se tomasen en conta as nosas opinións porque tamén vamos a “sufrir” ese novo horario.

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.