O venres día 20 de abril debate dos candidatos de Pontecesures en TV Salnés.
O venres 13 de abril e co debate de Moraña, comeza a quenda de 25 debates de candidatos dos distintos municipios ás eleccións locais do 27 de maio.
O debate dos candidatos á alcaldía de PONTECESURES é o venres 20 de abril. Terá lugar, como todos, no Hotel Ciprés de Godos (Caldas de Reis) e será moderado polo xornalista Antonio Blanco.
O debate será emitido en TV Salnés entre as 22,30 e as 22,45 horas aínda que é unha emisión en diferido pois o debate en sí será grabado ás 16 horas do propio venres 20 e terá uns 90 minutos de duración.
A canle de televisión convidará aos candidatos e están regulados os tempos, os turnos e a orde das intervencións.
4 comentarios
Paspallás · 11-04-2007 a las 23:26
Irá Angueira e Maribel ó debate?. E mellor que se poñan enfermos, pois Sabariz estase documentando ben e pode sacar datos dos escándalos do goberno municipal que dan escalofríozs.
noa · 13-04-2007 a las 16:06
maribel no va ya no fue hace 4 años .lo de siempre haber que pasa en el depate y despues en mayo.anqueira si que va se lo va a perder.hablamos despues del depate
Tiroliro II · 13-04-2007 a las 18:47
Non sei se Angueira irá o debate porque alí non pode levantar a sesión e vanlle dar por todas partes, dinme que anda moi preocupado polos futuros resultados e a garda pretoriana máis porque pode facer as maletas.
Xóganse todo e morden e presionan a xente, pero poucos creen xa os enganos.
noa · 19-04-2007 a las 21:16
mañana es el dia.haber a quien vas a defender como eres tan raro/a.ya de digo ahora tu amiga no va a ir.