O EXTRUGASA RIO ULLA SENIOR NON SABE SE EST? CLASIFICADO PARA A FINAL A 4.

Publicado por fru en

Por increible que parezca esta é a sorprendente situación: Tal e coma se preveia o 4º clasifiacdo da liga ia sair do resultado entre o partido que se ia disputar este pasado domingo 15 entre Cuntis e o Arxil (1º da liga). O partido era na casa do Cuntis, e se gañaban os locais pasaban de 4º, e o Extrugasa éramos 5º; pero se perdía pasabamos nós ó 4º posto e nos clasificabamos para a «final four» ( ou final a catro). Polo que sabemos a día de hoxe, logo dos 40 minutos de partido o marcador finalizou empatado, polo que houbo que disputar unha prorroga. A falta de pouco mais de 1 minuto para finalizar a mesma, e gañando os de Pontevedra por 5 ou 6 puntos d ediferencia, nun rebote houbo un codazo e un xogador acabou polo chan. Coma o partido estaba sendo moi quente, o árbitro principal tomou a determinación de non continuar co mesmo.

Ademais, os locais de Cuntis reclamaron que, ó finalizar os 40 minutos de partido, o marcador figuraba cun empate, cando según a súa versión eran eles os que ian gañando por 1 punto, que non subiu ó marcador.

Todo esto deberá ser analizado polo Comité de Competición da Federación Galega, quen pode aportar distintas decisións:

– Aceptar a reclamación do Cuntis e anular a prorroga.

– Mandar continuar o partido onde quedou suspendedo, téndose que xogar ese minuto.

– Ou dar por gañador ó equipo que ia gañando nese momento .

Según a que acorde, pasará Cuntis, ou nós, ou teremos que esperar a que se xogue ese minuto de partido, para o cal incluso peligra nesta fin de semana a propia «final a catro».

Mal fin para unha temporada con moitos incidentes (falta de árbitros sobre todo).

Categorías: Basket Río Ulla

11 comentarios

Un sueco calquera · 19-04-2007 a las 18:55

A ver que é o seguinte que pasa nesta liga. Acaba gañando Cuntis a Liga. Lalín vai á Euroliga por «xogo limpo». Gulli mete o triple definitivo na final…

fru · 19-04-2007 a las 19:11

Cuntis ca 2ª volta que leva, case case.
Moi bo o de lalín… entrei na web do grove:
http://www.cbomeco.org e nunha crónica do seu partido xogado alá, falaban que ó inicio do partido estaban frios, pero acabaron «quentes»… Bo resumen do que é ir xogar alá.
E o de Gulli hai 1 mes remontando a Arxil: Quedaban 20 segundos e perdíamos de 7. 2 triplas de Gulli e nos poñemos a 1 quedando 4 segundos. Santi recupera o balon no noso campo e dallo a Gulli quen tira á mediavolta, se o chega a meter calquera o atura.
¿E en Suecia sabedes o que é o basket? 😉

fru · 19-04-2007 a las 19:24

Por certo, continua a incertidume neste final de liga: a Federación galega manda repetir o partido do pasado sábado entre o Cuntis e o Arxil, por todo o sucedido. Coma vai ser a eso das 21 h., no Extrugasa non saberemos ata que remae o noso entrenamento se estamos clasificados ou non.
o dito, segue o final caótico dun ano cheo de incidencias.

O Rei · 19-04-2007 a las 20:21

O baloncesto escandinavo está un pouco … como o diría eu … un pouco a expensas dos estranxeiros. Con iso dígoo todo, iso si, os balóns siguen sendo esféricos, pero as canastras……………raras

gulli · 19-04-2007 a las 22:26

A ver, que problema ten o sueco ese. Deixa de facer o «sueco» e da a cara.
Quedou demostrado quen é o xogador do ano. Voume para os Pirineos, deixandovos a final four asegurada, e van estes, dirixidos por Frutuoso (Fruki) e o eterno de Peñaño, e perden con Cuntis… Sen comentarios.
Eso para que fale o sueco, chus abalo, para que sepa quen é, e de paso recordarlle de que cando o vexa, voulle devolver o do ollo e do cabezazo.

fru · 19-04-2007 a las 22:38

Claro, a «cabra» tira para o monte… e chus para Suecia. Que envidia Chus, estarás vendo monumentos sen parar.

Jose Maria · 20-04-2007 a las 09:00

Hola. O sea que la FEGABA manda repetir el partido. Cuando se juega? Hoy viernes y mañana final a 4? Vaya cachondeo… Tendria coña que fuese mañana ya porque si Cuntis gana y se mete…con quien juega la semifinal de la final a 4??? Ja, ja, ja…con Arxil 4º contra 1º…
En fin…

fru · 20-04-2007 a las 16:18

Poois ti o dixeches: ? unha coña. Hoxe, creo que as 21 ou 21.30 h. van xogar en Cuntis ese partido e maña sería a «final a 4». A nós ata eso das 23 h. non nos avisan do resultado, logo do noso entrenamento… Haber quen se clasifica, se Cuntis que precisa gañar hoxe, ou nós; pero me da que o imos ter chungo. E mañán voltarán xogar entre eles
Bueno, así descansamos mañá desta temporada tan «larga».
Que os novos que entraron na Delegación para o ano non permiten que pasen cousas destas, pois senón poucoa seriedade é esta.
Saudos

fru · 21-04-2007 a las 10:30

Cuntis gañou ó Arxil onte 89 – 86 clasificándose para a final a 4 que empeza esta tarde. Curiosamente ambos equipos voltarán a enfrentarse hoxe as 5 da atrde en Pontevedra, no pabellón universitario, lugar de celebración desta «final a 4».
O Extrugasa disputará a partir da vindeira semana a copa, para o cal estaremos atentos ó sorteo que se fará na federación o luns, para coñecer ó rival que nos toque.

O Rei · 22-04-2007 a las 20:52

Como quedou a final a catro de Pontevedra??

fru · 22-04-2007 a las 20:55

Sei que a final a xogaban esta tarde o Arxil (que derrotou onte a Cuntis) contra Portas (que se impuxo por 12 a Cambados).
O meu favorito é o Arxil, pero unha final a un partido pode pasar de todo.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.