Restaurante Olivo
Acabo de recibir unha chamada que entra no nivel de «descoñecemento do medio».
Dende o Restaurante Olivo, solicitaban primeiro que lles dixese quen puxo un comentario e a eliminación do seguinte comentario. Un comentario de fai dous meses no que consideraban que se lles estaba a facer dano, ó que respostei que non é posible eliminalo, nin dicirlles (que non o sei) quen o puxo, non hai nada de ese comentario que incumpla as normas desta web, e que ademáis non entendo que ten ese comentario que ela considera tan dañino.
Ademáis, trataba de explicarlle que non se está a atacar o seu restaurante dende esta web senón todo o contrario (buscando no google: restaurante el olivo pontecesures aparecen dúas referencias aquí coma primeiros resultado), e que un comentario «inocuo» non ten máis importancia da que ten. ? que me repostou que quitase calquera referencia ó seu negocio nesta páxina xa que non queren ter ningunha relación con Pontecesures.
Non se vai quitar ningunha entrada nin ningún comentario porque non agrade, e non se debe ver malicia onde non a hai. Enriba de que se lle trataba de facer publicidade agora parece que temos algo na súa contra, esto non ten razón de ser.
A conversación telefónica foi dexenerando de mala maneira, con momentos nos cales se me repetía que quitase todo, que non lle «interesaba a xente de Pontecesures coma clientes», que apenas foron «dous ou tres cesureños». Mal empezamos, eu xa comín ahí con dous veciños, e non nos cortamos á hora de pedir, e disfrutamos da comida e o trato, polo que tres polo menos xa estivemos, e eu personalmente non voltarei. Xa que, como ben claro e diáfano indicaron, «non queren cesureños coma clientes«.
Non podo negar que ó final colguei o teléfono, xa estaba empezando a encenderme, con frases coma «Si tu vives del cuento nosotros vivimos de nuestro negocio«, unha falta de respeto que non aturo a ninguén.
Aquí non se van aplicar «filtros» sobre temas dos que non se pode falar, nin se van a «edulcorar» os comentarios. Non entendo porque lle dan tanta importancia a esto, e moito menos, como poden plantexar (as formas) algo que non agrada. E moito menos faltas de respeto, ainda que sexan por descoñecemento, hacia min ou ós meus veciños.
NOTA: Nas categorías da web está a de «donde comer», no que vai esta entrada, xa que crear unha de «Donde non comer» para sólo unha considero que é un gasto innecesario de recursos.
15 comentarios
yp · 9-05-2007 a las 18:40
Claro que non queren cesureños coma clientes, pois debemos ter demasiada pouca clase para poder entrar alí. E por qué se nos foron instalar en Cesures se non nos queren?
Tamén creo que non necesitan comentarios nesta web nin en ningunha outra, pois xa se fala do seu restaurante de todos xeitos, e ata o de agora non atopei ningunha persoa que falase algo bo deles.
E se non entendedes a reacción da «señora» do restaurante, lembrade aquel refrán que di: ‘Quen se pica, allos come’
Lore · 9-05-2007 a las 18:53
Como diría certa presentadora de televisión…. Q FUERTE ME PARECE!!!
Non desexo mal ningún neste negocio, todo o contrario, pero dende logo q pouca consideración ó decir q non quere ter nada q ver co pobo… toda a razón a «yp», se non quere nada con nós, que fai aquí??? o que tal hai q aturar…
Lore · 9-05-2007 a las 19:09
Por certo… casualmente aparece unha foto deste restaurante, «Olivo», na Guía Turística de Pontecesures recibida estos días polo excelentísimo concello, menos mal que non querían saber nada de nós!
xan · 9-05-2007 a las 19:21
O que tiñan é que estar agradecidos por, en vez de denuncialos en Turismo, facelo aquí.
E obrigatorio ter a lista de prezos exposta nun lugar visibel no exterior do local, e non facelo e unha falta sancionable. Pedir unha folla de reclamacións por eso sería o mais normal, e logo terían que pagar a multa correspondente.Descoñezo se a teñen.
Na miña guía vou arrancar a folla onde sae ese Restaurante.
Certos retornados de Suiza, (non todos, eu son pariente dalgún) teñen o convencemento de que esto é unha merda comparando, pero todos queren voltar.
Recomendolle que pida disculpas públicamente polas súas palabras, pois poden sair aquí mais cousas…
flipandocaxente · 9-05-2007 a las 21:05
Non sei quen dixo que non tivesen menu visble.Si a verdade non e un menu exterior pero nada mais entrar na barra teñen todolos menus cos seus respectivos prezos, os cales pode mirar e se che interesan podes quedar e sinon vaste.Fun a comer ali varias veces e a «señora» pareceume unha boa muller e unha das cousas que me dixe e que era un dos poucos de cesures que fun comer o seu restaurante e que lle gustaria que os cesureños fosemos mais ali,dubido moito que dixese que non queria nada cos cesureños.
Paspallas · 9-05-2007 a las 23:47
Que liorta carallo, vai haber que chamar o Parracho para que poña paz porque lévase ben coa xente do Olivo, bo comensal, o que cambia a vida, de comer no Franco na xuventude o prato do día a comer no Olivo.
Idomeneo · 10-05-2007 a las 16:08
Penso que hai moita lenda urbana en torno a este restaurante (prezo elevado da carta, do viño, certo maltrato ó cliente cesureño, etc…).Como cliente, os meus parabéns, tanto ó cociñeiro pola calidade do menú, como a xefa de sala, unha persoa francamente agradable e atenta.
Eu penso que en Cesures sobran sitios onde comer o menú do día, un churrasco ou unhas gamba ó ajillo pero faltaba un restaurante onde celebrar unha comida de traballo ou disfrutar dunha cociña elaborada nun entorno coidado e agradable.
Como cesureño nunca me sentín desprezado,ó contrario. Ás veces interprétanse as cousas de xeito equivocado.
Un saúdo.
yp · 10-05-2007 a las 16:14
Non sei se teñen o menú visible ou non, pois nunca entrei alí, nin teño pensado facelo. Pero sí que é verdade o comentario de que non queren clientes de cesures, pois xa o tiña oído antes do «incidente» nesta web.
Según a dona do negocio, eles non abriron para a xente do pobo, senón para xente importante, altos cargos da xunta, xente de madrid, ….
Así que non veñan agora con cumplidos de que sí nos queren. O que pasa é que claro, antes que ter o restaurante vacío é mellor que veñan os veciños.
Non lles desexo ningún mal, pero cada un acaba tendo o que se merece
Realista · 12-05-2007 a las 21:38
Boas tardes:
Antes de nada, quero deixar claro que non me gustaría que ninguén se sentise ofendido por este escrito, xa que esa non e a miña intención.
A verdade e que me sorpende moito o que acabo de ler. Son un cliente habitual do Restaurante Olivo e non podo dar crédito a todo isto.
En primeriro lugar, nunca se poder falar de algo cando existe descoñecemento. Eso de «Eu nunca fun … pero dixeronme que …». Creo que non e lóxico criticar a alguén por oidas.
Xose Luís e un namorado de Cesures e de Valga, así coma a sua esposa Carmen. Pasaron moitos anos fora da sua casa, nun lugar estrano para eles, e sempre co orgullo de ser galegos … e co recordo da sua casa Pontecesures. No primeiro momento que tiveron, aproveitaron para voltar á sua terra. ¿Cómo se pode dicir que non queren personas de Cesures no seu local?. Si así fose, … non houbesen decidido poñer o restaurante ahí.
Eu vou tres veces a semana a comer ou cear alí. Vou con banqueiros, con empresarios, con amigos … E moitos de eles, de Cesures. E o trato e exquisito, da igual que sexan de Cesures, Madrid ou Cadiz … Digo isto, porque o vexo, … Se non fose así, non díria nada.
Tanto Carmen coma Xose Luis, estarían encantados de que a xente de Cesures fose ó seu restaurante … De feito sempre o din … Que lles encantaría que a xente de Cesures fose a visitalos.
Agora ven … E todos sabemos que e verdade o que vou a dicir … Semanas antes de que o resturante abrise … xa me dixeran que era un restaurante de comida mediterranea, que era carisimo, que non podería entrar calquera persona e que por menos de 100 euros persoa non se podía comer. E incrible eh … E nin estaba aberto …. E polo que eu vexo … porque eu fun a ese restaurante e moitas veces … e un restaurante cuns precios normales para a calidade que poñen (calidade exquisita). Para min, e o mellor restaurante de zona, e con diferencia, … e probablemente mais barato que outros con mais nome que hai na zona de Padrón … O trato e inmellorable, fan sentir a un coma na sua propia casa. Atentos, educados, sinxelos e moi cordiales … Para min … Merecen un 10.
Estou falando con coñecemento de causa … Coincido con moita xente de Cesures e alrededores nese restaurante … Polo tanto … un consello que quero dar … «Opinade según a vosa experiencia, … non deixedes que a xente os inculque a suas ideas, porque desde ese momento deixariades de ser vos». Eu nunca dou credito a algo cando non estou presente …
Bueno … Solo iso. Bo proveito e gracias a Carmen e Xosé Luis. Algún día Cesures agradecerá que volva a ser coñecida ademais pola sua comida (como no seu momento foi Castaño)
Boa tarde amigos.
O Rei · 12-05-2007 a las 23:25
Do que che conten non creas nada. Do que vexas non creas máis que a metade…
Paspallas · 14-05-2007 a las 00:18
Un paisano díxome o outro día en Noia que comeu no Olivo como un señor e ademáis falábame dun menú de vinte tantos euros e que pensaba volver pronto. Que a dona falaba moito pero que a comida de puta madre.
flipandocaxente · 14-05-2007 a las 00:52
e penso eu, se non queren nada cos cesureños como dixeron alguns, como e que teñen un cociñeiro cesureño?? non me explico haber se os que tanto ides contra eles mo explicades.Os que ainda non fochedes recomendovos ir e unha delicia comer ali e por bo prezo
yp · 14-05-2007 a las 18:59
O que se empezou comentando aquí era a chamada da dona do restaurante e a súa ESAXERADA reacción por un comentario desta web, non se a comida era boa ou mala.
E ó que me refiro no meu comentario anterior é a que, falando claro, tratan ben á xente con pasta, sexa de cesures ou non.
Teño un compañeiro que un día parou alí a tomar un viño ó sair de traballar, e a camareira pediulle que llo pagara nada máis servilo, sin nen sequera deixar que lle dese un sorvo. A min eso parezeme algo esaxerado.
Pois ben, él ou eu poderiamos ir cear ahí calquera día, sen ser banqueiros ou empresarios, e non iremos.
E tamén coñezo xente que estivo traballando na construcción antes de abriren, e non tiveron máis que problemas, as reaccións da señora eran desmesuradas. Ata chegaba a insultalos.
E non é un «dixeronme que», porque se varias persoas que non se coñecen entre elas che veñen cas mesmas historias, algo de certo terán.
mellorimposible · 14-05-2007 a las 22:07
Boas Noites:
Queira ver como había quedado a páxina do Olivo, e atópome na web coa carta de resposta a unha chamada, de auténtica pena.
Teño o auténtico pracer de coñece-los donos do local, de disfrutar da cociña e do trato que alí se ofrece, e día a día o único que escoito son burradas; e o máis penoso de todo iso é que veñen a través de xente que me ten falado que nin coñocen o local nin os donos.
O «Según me dixeron….», «según din…», señores! ¡Por favor! seguro que a todos nos meteron nun comentario, nunha situación, sin comelo nin bebelo. Por iso mesmo cando unhas persoas que regresan a súa terra de «traballar», e montan o seu negocio para «traballar» en PONTECESURES (de donde son), non creen ustedes que están orgullosos do seu pobo, e por iso veñen para aquí.
Non creen que calquer persoa poda saltar en algunha ocasión, de auténtica rabia, cando cuestionen o seu negocio, as súas palabras, cando falen mal contínuamente deles ou dos seus, sen sequera saber quenes son; de falar mal de un local, sen aínda estar aberto; se é moi caro, que se isto, que si aquelo.
Eu tamén sei de primeira man que estivo traballando dentro dise local para que quedase tan tan LOCALAZO, porque non ten un 10 para mín ten máis. E si Mª Carmen decía así, ou agora da outra maneira, e porque ela traía as ideas moi claras de ise local, como todos queremos que nos fagan o que nos pedimos non o que nos queren facer e si é moi Repunante como xan sentín….
Gracias a súa repunancia ten un local precioso, como eles querían, o cal van clientes de todas clases e colores, o que vai repite, os que xa fostes non fai falta que vos digan nada sobre él porque vota a tras calquer mal comentario.
Gracias Jose Luis por traernos a este pobo ese saber da cociña, para que podamos probar cousas novas; e a Mª Carmen porque merecen que non lle votemos o local abaixo. Están traballando como calquera de nos, gañando un salario do que mellor saben.
Paspallas · 15-05-2007 a las 14:56
Fago unha chamada os donos do Olivo, o mellor ante as críticas malas ou boas e facer oidos sordos e seguir traballando tan ben como sabedes. Adiante e sorte. Xa pasei varias veces por ahí e non penso tardar en facelo.