ULTIMA HORA: PINO FICHA POLO EXTRUGASA RIO ULLA
Ante as filtracións xurdidas nesta semana que desvelaban o secreto mellor gardado para a temporada 2007-08: o nome do «crack» a fichar (este club non ficha galácticos, so xogadores que fixeron «crack»: Pepi a rodilla, Pino o nocello) quedou atado esta pasada noite:
JOHN PINO REGRESA ? CB EXTRUGASA RIO ULLA
Logo de superar as ultimas diferencias hoxe quedou pechada a fichaxe ó rematar o adestramento desta noite, onde Pino desexou sorte os futuros compañeiros para a eliminatoria de semifinais da copa.
Despois desta fichaxe queda por decidir, con mais calma, que xovenes canteiráns subirán ó equipo senior 2007-08, para completar ó equipo a partires de principios de setembro cando volten os adestramentos. A idea do corpo técnico é que sexan ata 3 os xuvenís que completen as 12 fichas do equipo.
Como temos imáxenes imos poñelas fotos que acreditan o retorno de Pino:
Pino e o adestrador do Extrugasa Rio Ulla no momento de chegar ó acordo que posibilita o regreso do «crack» ó equipo.
Pino ca súa camiseta para a temporada 2007-08. Quede agradecer publicamente que o actual posuidor do dorsal, Rober «Felipe» lle ceda o seu nº de toda a vida, o mítico 9 volta.
Momento da firma do contrato por ambas partes.
O contrato debidamente asinado por ambas partes, que recolle a vinculación de Pino co seu equipo de toda a vida.
Así quedan esgotadas todas as posibilidades de que nesta temporada faga parella con Gasol en Memphis Grizzlies, pois esta fichaxe queda «blindada» e imposibilitado para entrar no drat da NBA. Son case 20 anos os que leva Pino dende que empezou a sua carreira baloncestística alá polo 1988.
Dende aqui queremos dar as gracias por ese esforzo realizado e esperemos que esta fichaxe sirva para voltar a poñer ó equipo nos lugares altos da liga. E coma anécdota decir que ten un corazon tan grande que non lle colle no peito, xa que se ofreceu para xogar mañá mesmo a eliminatoria de copa que xoga o equipo se fose posible acelerar o trámite da súa licencia, algo que a estas alturas da temporada non o é.
Moita sorte nesta nova etapa.
7 comentarios
gulli127 · 26-05-2007 a las 01:47
Moito sair na foto Frutuoso pero sen embargo tiñas que aclarar quen fixo todas as xestións para fichar a Pino. Iso é o que a xente ten que saber. Ten saber a verdade Frutuoso. ¿Cales son as condicións que puso? Seguro de que ni nas sabes. Eu si e Guillermo Cao tamén. Moita foto, moito sair e sen embargo…
Feli_no · 26-05-2007 a las 11:24
Voltan os gladiadores ó parqué.
Necesitado o clube de xente que transpire a camiseta e inspire raza e paixón nos primeiros cuartos parece boa a decisión (e xestión) desta fichaxe para o ano.Xente con fe pra momentos complexos (Pino é un pivot que non duda en gastar triplas se fan falla e acudir ó seu propio rebote) e diso adoleceu o clube esta tempada.
Parabens, John Pino. Parabens, clube. Parabens, xestores de nocturna barra de bar!!
gulli127 · 26-05-2007 a las 12:42
Era o que ma faltaba. Vaia un triplista o que tira e a continuación vai a polo rebote, sinal clara que ten «confianza» en si mesmo.
E se para ti so se pode gañar con raza, paixón e fe, agora entendo por que nos foi tan mal. Non sei, pero a min para gañar ensinaronme a defender, a cerrar rebotes, a bloquear, a seleccionar bos tiros, a cortar, a meter pases picados ós pivots, a fintar…
Ah, e gracias polo de xestores de nocturna barra de bar.
O Rei · 26-05-2007 a las 23:43
Pois veña, cales foron esas condicións tan intrincadas?, misteriosas?, vergoñentas?… Basta xa de falar a medias…
Pana · 27-05-2007 a las 13:00
Pois sí que mellorou o basquet, que agora hasta firman contratos e todo.
gulli127 · 27-05-2007 a las 13:17
? que Pino é un xogador «excepcional» e tivemos que facerlle un contrato, pois tiñamos medo que o final aceptara algunha das incontables ofertas que tiña. Non cabe dúbida de que é un «crak».
Saludos Pana.
Chasco · 29-05-2007 a las 16:22
Si señor… vexo que ós «abuelos» do club ainda seguen dando gerra!