Celebrouse a procesión de Corpus Christi en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Despois da misa solemne celebrada as 12 horas na igrexa parroquial, saiu esta tradicional procesión que percorreu as rúas San Lois, Ullán e a rúa Nova. Houbo alfombras de froles situadas na prazuela (no adro e na propia praza) na rúa San Lois (fronte Caixanova) e altares nos mismos puntos. Acompañou á comitiva o grupo de gaitas Xarandeira de Pontecesures.

O párroco de Pontecesures, Arturo Lores Santamaría, agradeceu públicamente, ao rematar o desfile, o labor realizado polos veciños/as de Pontecesures na confección das alfombras.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.