Bando sobre intercambio xuvenil.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Oficina Municipal de Información Xuvenil deste Concello, conxuntamente cas dos concellos de Cuntis, Poio, Pontevedra, Valga, Vilagarcía, e Vilanova de Arousa estä a organizar o «6º INTERCAMBIO XUVENIL: AMIGOS DO MAR E A MONTA?A-2007», que se levará a cabo os vindeiros 17, 18 e 19 de xullo (martes, mércores e xoves). Este intercambio xuvenil consiste na organización dunha viaxe de 3 días por diferentes lugares dos concellos sinalados, realizando actividades de ocio e lecer, didácticas, deportivas, etc..; pernoctando as dúas noites intermedias: a 1ª en Vilagarcía e a 2ª en Poio. A idade para participar é de 13 e 15 años (13 cumpridos antes do 17 de xullo e non cumprir 16 antes desa mesma data); eventualmente, senón se cubren tódalas prazas pódense inscribir en lista de espera rapaces/as que cumpran 13 anos no ano 2007 ou os que cumpriran 16 despois do 01/01/2007.
O prazo para a solicitude de prazas para esta actividade remata o vindeiro 11 de xullo, tendo a disposición de tódolos interersados/as as solicitudes e o resto da documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil da Casa do Concello.

María Isabel Castro Barreiro.
ALCALDESA


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.