Atractivos encontros de fútbol entre solteiros/as e casados/as nas Festas de Porto.
Mañá sabado día 18 de agosto ás 18,00 comeza no Campo de Fútbol «Ramón Diéguez» o primeiro dos partidos enfrontándose as solteiras contra as casadas. Ambolos dous equipos estiveron preparándose nestes días conn fortes sesións de adestramento para chegaren con bó tono físico ó encontro. Incluso preparáronse tácticas e estratexias para as xogadas a balón parado.
Rematado este partido saltarán ao terreno de xogo os equipos de homes de solteiros e casados que tamén tiveron os seus adestramentos.
Hai unha gran expectación, tanto en Porto como en toda a comarca, por presenciar os encontros esperándose unha magnífica entrada no recinto deportivo. Pola calidade dos equipos e pola rivalidade o espectáculo esta garantido.
Faise un chamamento ás persoas que teñan novas sobre a previa dos partidos (posibles alineacións, árbitros, etc..) para que faciliten información neste medio. Asi mesmo, sería moi interesante que alguén publicase logo fotografías destes importantes eventos deportivos para coñecemento xeral.
6 comentarios
Luis Angel Sabariz Rolán · 17-08-2007 a las 16:21
Segundo as miñas informacións, «Mon» Barreiro é o adestrador das casadas, e Noa (a filla de Alejandro o do «Choco») e a adestradora das solteiras. Levan máis dun mes cos adestramentos ámbolos dous equipos e atópanse nunha magnífica forma tódalas xogadoras.
Carmen Barreiro · 17-08-2007 a las 19:22
Polo que sei como solteira de porto, no noso equipo tivemos baixas de ultima hora.
A porteira, Rita, non poderá estar no partido por problemas persoáis e deixará no seu posto a Irene.
Ademáis as solteiras contarán cun equipo formado por:
Irene
Lorena Alemana
Lety
Raquél
Mª Jesús
Inga
Viviana
Amparo
Cris Alemana
Silvia
Margarita
Mercedes
E a axuda de Luis como colaborador de Noa no adestramento.
As tácticas de xogo non se desvelan por motivos de sorpresa no ataque e esas cousas….
noa · 17-08-2007 a las 19:37
Bueno solteiras xa estamos ahi. Animo pero non pensedes q vai ser doado q as casadas danlle ben o balon… pero Luis como adestrador tactico e mais eu como «preparadora fisica» confiamos en que vos lle deades mellor. Quero felicitarvos por q a verdade q foi un pracer entrear con vos….. sodes as mellores e recordade como dixo un adestrador no seu dia: «saide e divertidevos»……eso e o importante.
Tiroliro II · 18-08-2007 a las 19:43
Hai que agradecerlle o Sabariz toda a información que da neste medio, e incombustible a ainda que o poñan a parir, sigue e sigue…
Aparece agora relaxado e con bromas, vécholle máis futuro na información que na política,
¡¡¡Sabariz!!!, manda a política o carallo que en cesures non te queren, o concello non da mais que disgustos, vive a vida tío.
Luis Angel Sabariz Rolán · 18-08-2007 a las 21:43
E certo que me gusta informar neste medio e que, a pesar de que ocasiona sinsabores a miúdo, tamén me gusta a política, «Tiroliro II», aínda que ultimamente estou a reflexionar sobre moitas cousas relacionadas coa vida municipal e a miña situación.
Lembremos que a entrada é sobre as festas de Porto e non ten nada que ver con estas celebración o comentario que fixen.
Luis Angel Sabariz Rolán · 19-08-2007 a las 12:59
Segundo as información que teño, o equipo de solteiras gañou o encotro ás casadas por 9 goles a 3.
En homes, tamén houbo victoria dos solteiros sobre os casados por 4 goles a 2.