Unha grua provoca a caida do cruceiro de Porto
Na tarde de hoxe, a grúa do orquestra Olympus golpeou o cruceiro de Porto provocando a caida da parte superior deste.
Por sorte neses intres non había ninguén baixo este e non se ocasionaron danos persoais, xa que na base do cruceiro sempre hai xente sentada. A parte desprendida parteu en tres partes de grande peso que necesitaron de cadansúa carretilla para sacalo da zona do incidente e gardalo para ver o futuro amaño deste cruceiro que non presidirá, como sempre fixo, a última noite de festa das Festas de San Roque de Porto do ano 2007.
0 comentarios