Aparece no DOG a adxudicación da obra de mellora da EDAR de Pontecesures.
O Diario Oficial de Galicia do día de hoxe pública a seguinte resolución:
Resolución do 28 de agosto de 2007 pola que se fai pública a adxudicación dos contratos administrativos que se citan.
O presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, ao abeiro das facultades que lle confire o artigo 9 do Decreto 125/1996, do 7 de marzo, polo que se aproban os estatutos do dito ente, resolveu adxudicar as seguintes licitacións públicas:
a) Obras:
* Entidade adxudicadora: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.
* Tipo de contrato: administrativo de obra.
* Tramitación: ordinaria.
* Procedemento: aberto.
* Forma: concurso.
7. Título: plan de saneamento. Melloras na estación depuradora de augas residuais en Pontecesures. Pontecesures (Pontevedra).
* Clave: OH.336.736.
* Data de licitación: DOG nº 86, do 4 de maio de 2007.
* Orzamento base de licitación: 165.178,25 euros.
* Adxudicatario: Movex Vial, S.L.
* Nacionalidade: española.
* Orzamento de adxudicación: 145.604 euros.
* Data de adxudicación: 28 de agosto de 2007.
Notifícase esta resolución, de conformidade co previsto nos artigos 58, 59.6º e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, advertíndose que pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta, de acordo cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, o interesado poderá optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, conforme o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
No caso de interpoñerse o recurso potestativo de reposición, deberase ditar e notificar a resolución do recurso no prazo dun mes, entendéndose desestimado polo transcurso do dito prazo sen resolución expresa notificada, podendo entón o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de seis meses contados desde o día seguinte a aquel no que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto ou, se a resolución do recurso fose expresa, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da notificación desta.
Así mesmo, o interesado poderá interpoñer, de ser o caso, o recurso administrativo extraordinario de revisión no prazo, segundo a circunstancia, e réxime establecidos nos artigos 118 e 119 da Lei 30/1992 e ante o mesmo órgano que dita esta resolución ou calquera outro recurso que estime procedente conforme a dereito.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2007.
José Luis Romero Valeiras
Presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos
0 comentarios