Acta de selección de auxiliar administrativo polos Programas de Cooperación 2007.
En Pontecesures, a 26 de setembro de 2007, sendo as 11 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 1 posto de auxiliar administrativo, formado polo secretario accidental D. Ricardo Campos Saborido que actuará como Presidente, a Traballadora Social Dª Raquel López Doce que actuará como vogal; e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vogal e secretario.
Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais para cumprimentar cada un/unha dos aspirantes, así como posteriormente a elaboración dun baremo, segundo os criterios de selección e baremación da Orde do 31 de xaneiro de 2007 que regula os Programas de Cooperación no 2007 da Consellería de Traballo, dos que se xunta o modelo, compleméntase o proceso selectivo cunha entrevista persoas valorando os coñecementos, experiencia e situacións persoais para poder levar a cabo os cometidos do posto de traballo.
Iniciado o acto chamase ós oito aspirantes de conformidade coa oferta remitida polo Inem, presentándose: Dna. Mª Rosario Bandín Freire, Dna. Begoña Campaña Potel, Dna. Inmaculada Conde Campaña, Dna. Concepción Enrique Cordo, Dna. Guadalupe Jamardo Villamarín, Dna. Sonia Lueiro Pereira, Dna. Nayra Martín Cabrera, e Dna. Verónica Vázquez Taibo.
Dna. Nayra Martín Cabrera, non pode optar ó posto, pois entrou a traballar recentemente no propio Concello de Pontecesures.
Primeiramente as sete aspirantes cubren a ficha de datos persoais, indicando unha delas que non estaba interesada no traballo por razóns persoais: Dna. Begoña Campaña Potel.
Seguidamente procedeuse á realización dunha entrevista persoal con cada unha das seis aspirantes que estaban dispostas a aceptar a oferta de emprego: Dna. Mª Rosario Bandín Freire, Dna. Inmaculada Conde Campaña, Dna. Concepción Enrique Cordo, Dna. Guadalupe Jamardo Villamarín, Dna. Sonia Lueiro Pereira, e Dna. Verónica Vázquez Taibo.
Posteriormente fixeron unha proba de informática consistente nun cuestionario ó que tiñan que contestar 6 preguntas relacionadas con cuestións informáticas, e logo unha proba de ordenador onde tiñan que realizar un suposto práctico, consistente nun escrito dirixido ó concello.
Concluída a entrevista e realizado o baremo, mais a suma da puntuacións das probas de coñecemento informático e suposto práctico, a puntuación total obtida polas aspirantes foi a seguinte:
table(tabla).
|_. Dna. Inmaculada Conde Campaña|>. 6,75 puntos|
|_. Dna. Sonia Lueiro Pereira|>. 5,55 puntos|
|_. Dna. Guadalupe Jamardo Villamarín|>. 5,49 puntos|
|_. Dna. Concepción Enrique Cordo|>. 4,89 puntos|
|_. Dna. Mª Rosario Bandín Freire|>. 4,50 puntos|
|_. Dna. Verónica Vázquez Taibo|>. 3,50 puntos|
Tendo en conta o anteriormente exposto, resulta proposta por este órgano de selección: Dna. Inmaculada Conde Campaña.
De todo o cal esténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.
Asdo. Raquel López Doce. Asdo.Ricardo Campos Saborido. Asdo. José Rodríguez Fructuoso.
NOTA:
AS PERSOAS PROPOSTAS DEBERÁN PERSOARSE ANTES DAS 11.30 H. DO VINDEIRO XOVES 27 DE SETEMBRO, NAS OFICINAS MUNICIPAIS, APORTANDO A SEGUINTE DOCUMENTACI?N:
* DOCUMENTO NACIONAL DE IDENTIDADE.
* TARXETA DE DEMANDA DE EMPREGO.
* TARXETA SANITARIA.
* ORIXINAL OU FOTOCOPIA DA LIBRETA BANCARIA ONDE FIGURE COMA TITULAR.
0 comentarios