A ANPA do CPI Pontecesures solicita ó Concello unha marquesina para a nova parada do transporte escolar de Toxa-Carreiras.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Presentou a ANPA no Concello o seguinte escrito:

Como é coñecido por todos, A Delegación Provincial de Educación autorizou recentemente unha nova parada de transporte escolar na pista da Barosa para trasladar ó centro escolar ós alumnos de A Toxa e Carreiras, despois das xestións realizadas por esta ANPA en base as peticións das familias da zona.


Agora; é fundamental instalar unha marquesina nesta parada que está instalada nunha zona desabrigada para protexer ós nenos/as do vento e da choiva.

Prégase así, que, con toda celeridade, se instale a marquesina como demandan os pais/nais dos nenos/as afectados.

Pontecesures, 29 de setembro de 2007
O PRESIDENTE DA ANPA

Luis Angel Sabariz Rolán

SRA. ALCALDESA DE PONTECESURES


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.