Bello Maneiro: «O individualismo e o localismo xeralizado impiden que a Mancomunidade Ulla-Umia funcione»

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Tras dúas lexislaturas á fonte de Mancomunidade Ulla-Umia, Xosé María Bello Maneiro deixará o cargo no mes de outubro para dar relevo a outro alcalde da comarca. O rexedor valgués di marchar co convencemento e a satisfacción de ter posto en marcha proyectos coma a UPD, dous programas Now, ou o Leader Plus, pero tamén coa decepción de non ter logrado que os concellos deixasen a un lado os «localismos» e se concienciasen dos beneficios que podería reportar ó Ulla-Umia mancomunar servicios.


¿Por que decide non seguir na Mancomunidade?

Oito anos é tempo máis que suficiente e chegou o momento de deixar a outras persoas que traballen e que teñan máis sorte ca min.

¿Cre entón que non o acompañou a fortuna nos seus mandatos?

Está claro que para que a Mancomunidade funcione é impresicindible que haxa vontade por parte das alcaldías e dos gobernos municipais. Mentras non haxa unha mentalidade positiva neste sentido, a Mancomunidade non funcionará. Este órgano é para mancomunar servicios, e non se fixo porque hai un individualismo e localismo xeralizado na meirande parte dos concellos. Houbera propostas para mancomunar a recollida de lixo e tamén se falara de saneamentos, pero non se puido levar a cabo precisamente debido a ese localismo.

Tampouco saiu ben o intento de integrar a concellos como Dodro, Rois ou Padrón. ¿Que supuxo esa negativa?

Dodro e Rois si aceptaran esa proposta, pero Padrón non quixo polo que non se puido lograr o obxectivo de englobar a máis de 50.000 habitantes. Dese xeito poderiamos acceder a moitos proxectos da Comunidade Europea que coas dimensións actuais da Mancomunidade son imposibles de conseguir.

Pero, en oito anos, tamén habería iniciativas exitosas…

Por suposto que se fixeron cousas moi importantes. Por exemplo, se non houbera Mancomunidade non habería o programa Leader Plus, do que se están a beneficiar moitos particulares e tamén os concellos. Outra cousa da que estou moi satisfeito é de ter conseguido que a elección do presidente se fixera por acordo do PP e do PSOE. Este debe ser o único lugar de Galicia onde houbo unanimidade e espero que, para a vindeira lexislatura, se manteña este pacto e o entendemento. Pero agora a responsabilidade de negociar xa non me compete a min.

¿Deixa algún proxecto en marcha ou pendente para o seu sucesor?

A Deputación Provincial comprometeuse hai uns meses a aportar maquinaria para executar obras en carreteras e outras actuación nos diversos concellos que integran a Mancomunidade. Ademáis hai un compromiso firme da Consellería de Presidencia para construír un parque comarcal de bombeiros. Agardo que estas dúas importantes

DIARIO DE AROUSA, 30/09/07


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.