Arranxado o alumeado da estación de ferrocarril.
Durante este pasado fin de semana, non funcionou o alumeado da estación de ferrocarril, co conseguinte prexuizo para os usuarios dos trens que sairon ou chegaron a Pontecesures de noite. Comunicada a circunstancia ó Servizo de Circulación de ADIF en Vigo, hoxe foi subsanada a avaría no cadro eléctrico e así o alumeado xa funciona (agora será substituído algún punto de luz afundido).
Tamén os pasados días foi limpada a zona de xardíns e o andén segundo que se atopaban con considerable maleza.
Séguense a facer xestións para que a zona de estación estea nas mellores condicións posibles.
LUIS ÁNGEL SABARIZ ROLÁN
1 comentario
charly · 22-10-2007 a las 21:31
A limpieza e importante,para que nos mesmos no abandonemos a estacion.
Todos os paises de Europa,apostan polo trasporte coletivo.
En Oporto da gusto percorrer a ciudade
nun tren.que e metro o mesmo tempo
Limpo, barato,e moderno.