A Deputación de Pontevedra concede unha marquesina para a parada Toxa-Carreiras do tansporte escolar

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

No día de hoxe o organismo provincial comunicou que nos vindeiros días ía instalarse na pista da Barosa a marquesina de referencia, para os nenos do CPI Pontecesures.

Lémbrase que esta nova parada foi concedida recentemente pola Delegación de Educación de Pontevedra logo da petición realizada pola ANPA dende hai moito tempo.

Esta marquesina é moi necesaria pois a parada está emplazada nun lugar desabrigado da pista da Barosa , e deste xeito a propia ANPA xa solicitou hai días ó concello a súa instalación.

Despois de plantexar ós representantes do goberno tripartito esta necesidade ó presidente da Deputación Provincial, neste últimos días o voceiro do PP Rafael Randulfe estivo a facer as xestións necesarias para conquerir este investimento, recibíndose con satisfacción no día de hoxe a boa nova.

A marquesina vaise instalar nos vindeiros días.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.