O día 30 terá lugar a elección do presidente da Mancomunidade Ulla-Umia.
O presidente en funcións da Mancomunidade Ulla-Umia, ven de convocar unha sesión extraordinaria da Comisión Executiva que terá lugar o martes dfía 30 de outubro de 2007, ás 20,30 horas, en primeira convocatoria e, se fose preciso, en segunda convocatoria dos días despois, coa seguinte Orde do Día:
1º-Formación da mesa de idade. Xuramento ou promesa e constitución da Comisión Executiva.
2º-Elección de Presidente da Comisión Executiva.
3º-Elección de Vicepresidente da Comisión Executiva.
Lémbrase que esta comisión ten 21 membros (9 do PP, 7 do PSdeG-PSOE, 4 do BNG e 1 da Agrupación de Electores de Moraña) que foron nomeados na asemblea onde participaron os concelleiros/as de tódolos concellos da Mancomunidade, o pasado día 23.
Dentro dos 21 membros, hai dous concelleiros de Pontecesures: Rafael Randulfe Vieites (PP) e José Antonio Baliñas Pazos (BNG).
0 comentarios