Texto íntegro do escrito da ANPA ó delegado de educación sobre o seu compromiso do comedor escolar.
Na súa visita ó CPI Pontecesures que tivo lugar no pasado mes de marzo, comprometeuse vostede, diante do colectivo de pais/nais desta vila e diante do equipo directivo do centro, a que perante este curso escolar sería ampliado o edificio administrativo do centro para instalar alí un comedor escolar que podería comezar a prestar servizos no curso 2008/2009. Incluso se falou nesa visita, na que veu acompañado por persoal técnico desa delegación, que o importe da obra podería ascender a uns 120.000 ?.
Coñece vostede con detalle as numerosas xestións realizadas por esta ANPA, para conquerir o comedor como servizo básico para os nosos fillos (diversas entrevistas coa administración educativa en Santiago e Pontevedra, enquisas ós pais dos alumnos, proposta para instalar o comedor nos espazos actuais sendo isto rexeitado polo centro, etc..) e aínda que non dubidamos de seu compromiso, observamos que o tempo vai pasando sen coñecerse novas sobre a realización da obra de ampliación do edificio administrativo para instalar o comedor.
En consecuencia, pregamos que se activen os trámites para que se adxudique a obra en cuestión e así poidamos contar co comedor escolar nas datas previstas.
Tamén no Consello Escolar qaue tivo lugar o pasado 14 de novembro, acordouse, por unanimidade, e a instancia desta ANPA, solicitarlle a vostede que o comedor do CPI Pontecesures sexa unha realidade cando comece o vindeiro curso escolar.
Pontecesures, 24 de novembro de 2007
Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente da ANPA
SR. DELEGADO PROVINCIAL DE EDUCACI?N
PONTEVEDRA
0 comentarios