O Extrugasa impón en A Lama a súa veteranía: 76 – 84
* A LAMA = 76
* EXTRUGASA RIO ULLA = 84
Gulli (9), Peñaño (13), Diego (12), Victor (2), Pino (19), Pedro (-), Juanjo (-), Santi (9), Arturo (6), Feli-no (14).
Victoria mais difícil do esperado ante un equipo moi cambiado respecto ó do ano anterior, e que destacou polo súa altura e físico, así coma polo tiro exterior. Ademais contan dende hai 2 semanas cun xogador de case 2 metros que fixo moito dano dentro da zona do Extrugasa (19 puntos) e un aleiro tirador que fixo 31 puntos (6 triplas).
Iniciouse o encontro e nos primeiros 4 minutos o Extrugasa non foi capaz de anotar, mais pendentes dos ??arbitros? pois estes inda non están preparados para pitar un partido deste tipo (6 – 0). Foron os pivots do Extrugas Santi e Arturo os primeiros en anotar para recortar distancias (min 6: 10 ?? 7). A continuación o Extrugasa mellora en defensa e consegue poñerse por diante (10 – 13). Cegando ó ultimo minuto 4 arriba: 16 ?? 20, pero os locais empatan 20 ?? 20.
No 2º cuarto e o Extrugasa centrouse mais (22 ?? 25), pero 5 puntos seguidos do seu aleiro puxeron un 27 a 25 no minuto 15. A partir dese momento o Extrugasa colle unha diferencia en 3 minutos gracias a 2 triplas de Peñaño e 1 de Dieg, sumado ós contraataques un gran Felipe hoxe: (min. 18: 31 a 36). Arturo e Diego anotaron para chegar ó descanso mantendo os cesureños 4 arriba: 41 ?? 45.
Na reanudación, 2 triplas mais de Diego no 1º minuto poñen ó Extrugasa 10 arriba: 41 a 51, entrando nunha fase de partido onde Felipe e Arturo anotaban, mantendo as diferencias o Extrugasa entre 5 e 8 puntos (min 28: 49 ?? 56). Á falta de 1 minuto os locais póñense a 2 (57 a 59), pero o Extrugasa anota de tiros libres 5 puntos, facendo unhas defensas perfectas, acabando o cuarto 57 a 64.
No derradeiro, seguiu a boa defensa do Extrugasa que, gracias á velocidade de peñaño e felipe anotan un parcial de 3 a 10 (min 34: 60 ?? 74). Os locais acheganse de novo ata os 8 puntos (min 26: 67 a 75), a base de triplas á desesperada, ate o que o Extrugasa apretou e puso un 73 a 82 no marcador quedando 2 minutos. Ahí os cesureños xogaron posesións largas e superon gañar 76 a 84.
O Domingo toca Lalín, e gañando alá o Extrugasa situaríase nos 3 primeiros postos, con 2 partidos aprazados por disputar. Esperemos que sigua a racha, e que coma hoxe os veteranos, sobre todo os pivots Arturo e Pino sepan ser veteranos en ataque sen entrar nas provocacións dos laninenses.
5 comentarios
elrober · 7-12-2007 a las 11:50
Parabens a ese equipazo de xente maior ou «veterana» coma di fru.A ver se repetides ese histórico doblete de fai anos.Noraboa seguide asi e coidado por Lalín que fai algo de fresquinho
fru · 7-12-2007 a las 15:48
O polideportivo de Lalín e diferente. Sen haber calefacción ten un «microclima» especial, pq faga a temperatura que faga fora, de alí dentro sempre se sae quente. (E cos oidos pitando…) 😉
Do doblete pasaron case 8 anos (1999-2000), pero inda conservo a camiseta conmemorativa.
E logo deste partido, a vindeira semana recibimos en Cesures a outros clasicos: Cuntis (actualmente primeiros). Outro bo partido para ver.
Saudos.
Tiroliro II · 7-12-2007 a las 18:27
Fru, fru ….está facendo unha gran labor no baloncesto, fenómeno, pero deféndete ben en zona ou home a home, porque o Bloque querete aplastar e ven en tí un traidor…máis que o bloque son os vividores que queren volver e bótanche a culpa da derrota. Cómo fala de ti a de Julián diosiño, que lle fixeches. os amores fora doen
fru · 8-12-2007 a las 12:55
2 anécdotas moi boas deste desprazamento:
Por un lado Pino decindo: » Eu non tiña medo»… e estaba blanco coma o leite.
Pero o mellor foi Gulli, e o coitelo de unta-la nocilla. Todo un experto en burlar medidas de seguridade. Prison break podería tomar nota… como meter e quitar un coitelo da cárcere.
Gulli acojonao cando o descubreu, e Santi recordándolle que o avisara. Gulli, un crack. (E case ficha polo equipo local). 🙂
O Rei · 8-12-2007 a las 15:18
Vivan as medidas de seguridade do cárcere da Lama!!!
A verdade é que esa si que é unha boa maneira de solicitar praza nunha das celdas, da maneira máis «inocente». Quizáis ó «leche, caco, avellanas y azúcar» habería que engari-lo cuchilo para untala…
E por certo Fru, este ano os bocadillos son de nocilla? Espero que poñas algo da «blanca» tamén…