O Concello de Pontecesures colabora no “Programa Vacacións en Paz” para nenos saharahuís.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O Concello de Pontecesures colabora coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahuí no desenvolvemento deste Programa Vacacións en Paz.

Para participar no programa os únicos requisitos das familias son:

* Aceptar as condicións e a filosofía do Programa.
* Comprometerse a dar cobertura a tódalas necesidades dos nenos/as (alonxamento, alimentación, saúde, hixiene, vestiario, lecer e afectividade).
* Contar cunha situación socio-persoal estable e normalizada.

O número de familias que poderán participar no Programa é de cinco. Por iso, aínda tendo prioridade as familias que xa veñen colaborando no mesmo en anos anteriores, quérese dar cabida á participación de novas familias, polo que as persoas/familias interesadas poden inscribirse ata o día 11 de xaneiro.

Para máis información e inscricións os interesados deben dirixirse ao Servizo Social de Atención Primaria do Concello, os luns, martes e venres de 9 a 13,30 horas.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.