Saúda da alcaldesa no Diario de Arousa.
Queridos veciños de Pontecesures, síntome moi orgullosa de ter a oportunidade de achegarme a vós como alcaldesa nestas datas tan especiais.
Quero desexarvos que disfrutedes dos momentos de reunión coas vosas familias e que, desta forma o calor Navideño entre nos vosos fogares.
Espero que os nenos e nenas, os verdadeiros protagonistas do Nadal, nos contaxien a todos a súa ilusión e o seu sorriso, e inunden así o noso pobo de felicidade e soños cumplidos.
Desexo que o ano 2008 non encha a todos se solidariedade, bos propósitos e ilusións e nos siga dando a capacidade de entregar ós demais o mellor de nós mesmos.
O vindeiro ano, dende o Concello, imos seguir traballando a prol dun pobo próspero e acolledor, para que, tanto os nosos veciños, como os visitantes, sintan, como eu, o orgullo de formar parate desta familia cesureña.
¡Bo nadal e unha sinceira aperta!
Mª Isabel Castro Barreiro.
Especial Anuario 2007. DIARIO DE AROUSA, 31/12/07
0 comentarios