Pola avaría de Unión Fenosa hai varias vivendas e farolas de alumeado público sen luz.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A media tarde de hoxe día 6 de xaneiro, detectouse unha avaría de Unión Fenosa que está a provocar que algunhas vivendas da rúa San Lois, Portarraxoi e Otero Acevedo non teñan subministro eléctrico. Tampouco as farolas do alumeado público da rúa Portarraxoi e varias da rúa San Lois teñen subministro.
A esta hora (21,15), persoal da empresa Elenor está a realizar as comprobacións oportunas (a avaría afecta a unha fase) na zona do Telleiro. Esperemos que a deficiencia sexa corrixida canto antes.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.