O EXTRUGASA GA?A A CUNTIS, ASEGURÁNDOSE O 1º POSTO DA LIGA NO ECUADOR DA MESMA, GRACIAS A UNHA BOA DEFENSA E Á VELOCIDADE DE FELIPE

Publicado por fru en

EXTRUGASA RIO ULLA = 62
Gulli (10), Peñaño (4), Diego (2), Victor (3), Pino (10), Pedro (-), Juanjo (-), Santi (2), Nacho (4), Feli (16) e Pepi (11).

CAFETERIA DON MANUEL – CUNTIS = 49

Os cesureños impuxéronse nun partido que, logo de 10 anos, é un partido de rivalidade sana, catalogándoo de ??derbi? entre os 2 equipos, e que ningún quere perder. Desta vez Cesures sorprendeu ós de Cuntis cunha defensa individual moi forte todo o partido, excepto a primeira xogada en zona. Ademais Felipe rompeu o marcador tanto no 1º cuarto coma no 3º, polo que foi o MVP deste encontro.

Comenzou o partido, e coma deciamos, os cesureños en individual, presionanado ó base cuntiense a todo campo para non deixalo xogar, logran un primeiro parcial de 12 ?? 0 en 7 minutos. Felipe con 3 contrataques foi unha clave, pois no xogo estático as defensas se imponían ós ataques. Santi e nacho aburriron ós pivots cuntienses Pereira e Marcos. Nos ultimos 3 minutos Cuntis fixo 4 puntos e o marcador ó remate do cuarto era 14 ?? 4.

No 2º cuarto, e Cesures movendo o banquillo foron Pino, Diego, e Peñaño os que anotaban en ataque, mentras que Cuntis se iba entonanado e tamén anotaba, sendo un cuarto mais igualado en anotación., 12 ?? 11para os locais, que cegaron ó descanso, logo de ter diferencias de 14 puntos, 26 – 15 gracias a unha tripla final dos cuntienses.

Parecía todo feito, pero unha páxara local no ataque no inicio do 3º cuarto, levou a Cunis a empatar o encontro a 28 no minuto 25, logo de un parcial de 2 ?? 13, momentos onde nin o tiro exterior entraba, nin o xogo interior lograba posicións boas de tiro, de ahí que Cuntis lograra o parcial. Outra vez apareceu Felipe e en 30 segundos foi quen de anotar unha tripla, e logo de poñerlle un tapón ó base de Cuntis e ca mesma anotar o contraataque. Cesures logrou coller 5 ?? 7 puntos de renda arriba que se mantiveron ata o final do cuarto: 37 ?? 32.

O periodo final foi calcado ó final do 3º cuarto: outra vez defensa axfisiante dos cesureños, e en ataque por fin os pivots locais Pino e nacho apareceron: Así no minuto 33: as diferencias rondaban os 10 puntos: 45 ?? 36. Diferencias que se foron ampliando según pasaba o tempo: (min 38: 57 ?? 40). No último minuto e xa con 2 rapaces na pista, os de Cuntis buscan deter o partido con tiros libres, e eles tirar de 3 puntos. Seu base logra anotar 2, quedando o marcador final nun 62 ?? 49.

Iniciase a 2ª volta para seman: e por cuestións de calendario, e de cambiar a orde dos encontros no seu momento, imos recibir para semana ó unico equipo que nos derrotou, o Cambados por 56 ?? 43 e que vai 4º na liga, e dentro de 2 recibimos tamén ó 3º clasificado: o BBC de Vilagarcia.

Categorías: Basket Río Ulla

2 comentarios

O Rei · 13-01-2008 a las 23:08

Que lle revisen o sangue a Felipe, agora controla de substancias non detectables nos controis. Eses chutes de paraformaldehído surten efecto eh?!!, ou era gluta…?

Grattis 😉

cachote · 14-01-2008 a las 16:06

Bueno, pois q sepas q mentras me secaba tras unha merecida ducha , resulta q o señor Felipe levaba na bolsa un extraño bote cuns comprimidos… q supostamente son para non sei q dos dolores musculares… si , e eu como os mocos. Estaremos ante un novo caso Marion Jones ou Juanito Muehlegg ??

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.