BALONCESTO: CONCENTRACI?N DE EQUIPOS BENXAMINS ESTE DOMINGO DIA 20 POLA TARDE

Publicado por fru o

Baloncesto en estado puro o que vamos a ter este domingo pola tarde en Pontecesures.  

Van ser 8 equipos, con cerca de un centenar de participantes os que se acheguen o domingo á I concentración mensual da categoria benxamin da temporada 2007-08. Son nenos e nenas de 6 a 9 anos que veñen polos clubs Dorna de A Illa, Xuventude de Cambados, BBC de Vilagarcia e Arxil de Pontevedra, ademais dos nenos do Rio Ulla. Mensualmente cada club organizará a súa concentración, para incentivar a estes nenos queacuden a entrenar ás escolas deportivas. 

Xogaranse en 2 pistas ó ancho do polideportivo, para disputar 2 partidos á vez. Os minipartidos son de 2 tempos de 12 minutos a reloxio corrido, tendo previsto o sistema de competición para que cada equipo dispute 2 encontros.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.