Maquinaria de la Diputación acomete mejoras en viales y zonas de aparcamiento.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

La Diputación de Pontevedra envió a Pontecesures maquinaria que, en los próximos días, iniciará las obras de pavimentación de la explanada de la zona de aparcamiento del cementerio municipal de Condide, así como otra área próxima situada al otro lado de la pista de subida al Mirador do Galiñeiro. Con esta maquinaria se acometerán otras actuaciones como el asfaltado del campo de la fiesta de Carreiras. El gobierno local mostró su satisfacción por la colaboración de la Diputación.


8 comentarios

manolo · 20-02-2008 a las 18:23

Correxideme se estou equivocado.

Para todas as obras que fai o concello, Sabariz titula:

«O concello de Pontecesures…»
«Arranxase…»

Se citamos a fonte dos fondos é sempre en segundas liñas.

Ahora si! cando é a Diputación de Louzán, esta encabeza a noticia para que quede clariño.
«As máquinas da DIP?TACI?N…»
Moito me temo, que o que máis clariño queda é que os da diputación son uns caciques que en vez de acordarse do pobo e das súas deficiencias, acordanse de facerlle os favores aos seus colegas de partido cando están no poder.

Xa sei que pasa en tódalas administracións, pero as máquinas da diputación facía moitoos anos que non nos visitaban, tanto, coma para dar asco agora. Que sepan estas máquinas que nos tiveron «vetados» durante anos.

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-02-2008 a las 19:11

Parece, «manolo», que lle estás a buscar os tres pes ó gato. O titular desta nova aparece no diario de Arousa e non o fixen eu.
O que resulta incrible, é que non agradezas as melloras que se fan en Pontecesures, veñan de onde veñan e independentemente de quen as faga. Parece que desexas que vaia todo mal e que non se consigan investimentos. O teu é grave.

manolo · 20-02-2008 a las 19:40

Grave será o teu. Eso en primeiro lugar.

En segundo lugar, sabes que debes de citar a fonte da información cando pos unha entrada que non che pertenece, neste caso pertenece ao Diario de Arousa. Mentras non o fagas, apropiaste de unha nova que non é túa, e os lectores coma min dan por feito que eres ti o autor. Aparte os prblemas legais que puderas ter co Diario de Arousa.

Antonio Cortés, se me equivoco rectifícame por favor.

Sabes de sobra que mentras formaches parte do goberno co Sr. Angueira, pouco caso ou ningún che fixeron as máquinas da Diputación cando as chamaches.E foron moitos anos de concelleiro pola túa parte co grupo de «apestados do bng» para a diputación. (e para ti tamén agora).

Queixacheste moitas veces nesta páxina que sufrias ataques inxustificados, osea que non fagas o mesmo , e deas por feito o que a ti che «parece» de «manolo» porque che vou a explicar:

NOn desexo que todo vaia mal,estas moi enganado. (outra cousa é que me parece que vai).

Estou moi contento polas obras, pero está claro que en vez de facerllas aos veciños, está claro que llas fan a Randulfe/Maribel, ou a ti dende que deches ese banderazo ideolóxico no que pasaches de apoiar ao bng a apoiar á dereita conservadora. Eu non o entendo tanto así dadas as situacións politicas locais, nas que non creo tanto nas ideoloxías pero a diputación está claro que si.

As obras que vai facer a diputación, non son para arranxar problemas recientes, son obras moi necesarias para o pobo dende que ti gobernabas co anterior goberno, e daquela a diputación non existía, nen os problemas do pobo.

Fartáronse de facer camps artificiales de futbol, e o de Cesures tivo que esperar a que votarades ao bng, por exemplo.

Repito, estarei moi contento polas melloras, inda que penses que non, pero agradecido teredes que estar vos.
Xa que hai que aturar este goberno tripartito, polo menos que fagan o maior investimento posible.

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-02-2008 a las 20:02

Vouche refrescar a memoria, «Manolo» e detallar algunhas das xestións que fixen (ou fixemos),cando formei parte do goberno do Sr. Álvarez Angueira, coa Deputación e as axudas que tivemos deste ente, fóra das subvencións, chamémoslle «regulamentarias» dos plans:

1-Pavimentación da rúa dos Namorados de Porto.
2-Pavimentación da rúa Deputación.
3-Traslado da columna de alta tensión da rúa dos Namorados (no aparcadoiro do Candil).
4-Envío de maquinaria para achanzar os terreos da ampilación do patio escolar.
5-Axuda para o cerre perimetral de dito patio.
6-Colocación da nova cuberta do polideportivo municipal.

Algo é algo, e houbo que traballar dabondo para conseguilo.
Esta intervención túa, «manolo», lembra a que tivo o ex alcalde na visita do Sr. Louzán a Pontecesures.
Non te enfades polos investimentos. Lévao con calma.

manolo · 20-02-2008 a las 20:17

Por suposto que houbo que traballar dabondo por conseguir eso. Felicítoche. Pero as cifras en investimentos de este ano, ou mellor dito, do período do novo goberno superan as de oito anos atrás, ¿pode ser que se investira tanto en 9 meses como en oito anos?

O que lle dixo Angueira ao Sr. Louzán, foi o mesmo que pensabas ti fai un ano.
E non me enfado polos investimentos, senon pola falla de investimentos en tantos anos.

Medio Rural parece que vos trata mellor, e alégrome.

basta · 20-02-2008 a las 20:54

O Sr. Sabariz segue unha premisa que recorda ao «COMIGO ou na miña CONTRA» pero con algunhas variacións, «ou comigo ou do bng»

BNG= BOBOS, é dicir, os que non están comigo ou non pensen igual que eu, bobos e por encima, (ou é o mesmo), do BNG.

A xente está encantada coa zona azul, e os comerciantes notan un aumento de clientela dada a facilidade para acceder aos seus negocios. Isto Sres. de súpeto é Area Central, todo o mundo ten un disco e se non, facilidades para conseguilo sen demasiados problemas. Un por cada fogar Cesureño, que os que teñen dous autos son idiotas.

A alcaldesa encantada coas pintadas, e os seus seguidores, para compracela dedícanlle máis. (Se absurdas son as pintadas, máis absurdas as declaracións)

A súa prepotencia faille crer que está en posición da verdade absoluta, e por ese motivo A Deputación é un órgano apolítico que non cre en diferenzas de partidos e sempre apoiou a Pontecesures en toda e cada unha das necesidades que tivese. Dame a risa.

Sempre e cando haxa formularios para solicitar as subvencións na barra do «bar Galicia», que estes aproveitan os 480 minutos diarios de descanso para facer as xestións importantes con «balantains»
E este é o meu pobo, e o que non pense igual, é do bng, polo tanto, bobo. Como é un pobo de 800 bobos, o que máis sabe, Sabariz. E a xefa do reino dos 800 bobos, Maribel, (por pouco que si non o xefe sería gran bobo Angueira).

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-02-2008 a las 21:37

Non te pases, «basta». Claro que hai que buscar o termo medio. Dicir que a zona azul é un caos, que se vai todo o mundo, que hai un cabreo,como fan sempre os mesmos é facer un catastrofismo esaxerado. Naturalmente todo é opinable e contestei varias veces coa miña postura. Pero claro, se erre que erre se insiste outra vez no mesmo (caos, fracaso total, escándalo, etc…) un se cansa e así se resposta o de marabilla, etc… Tampouco e a resposta axeitada. Pero para mín a zona azul e moi positiva.
¿Qué nas axudas das administracións públicas inflúe ó ser goberno da mesma cor política? Desgraciadamente sí, pero é unha práctica habitual en tódalas administracións. ¿Por qué Pontecesures se convertiu co ex alcalde e coa consellería de cultura e a xestión do Xacobeo do BNG, en referente cultural da zona con actos afrontados totalmente pola administración autonómica (Xabarín, Festa dos Vehículos Antigos, actuación de orquestras, actuación no dia da cabalgata de reis e moito etc..) e agora a cultura deixa de importar?. Eu alegreime polo que se organizou pero o cambio é dificil de explicar.
? o que hai, pero dende logo as actuacións das consellerías nacionalistas dende o punto de vista das axudas ós concellos en canto ós criterios para a concesión das mesmas deixa moito que desexar. Non todas, porque a Consellería do Medio Rural para mín é bastante ecuánime e ten uns criterios relativamente xustos é coñecidos por todos.

Cara de cona · 21-02-2008 a las 19:28

Chega o chapapote de Louzán…chega o chapapote do PP…chega o que valoran moito os votantes de angueira nas aldeas….Hai amiguiños do bloque, os tempos están cambiando, decía Dylan..En Cesures os votos están cambiando…jo…jo…jo

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.