Cortado o paso do camiño peonil que, por baixo da N-550, une a antiga Casa Castaño coa rúa Cantillo de San Xulián.
Na mañá de hoxe, procedeuse a colocar una cinta na entrada e saída do túnel, prohibindo o paso de persoas. As pedras do petril da estrada nacional (o da marxe dereita, dirección Vigo-Santiago) están movidas por mor dunha colisión dun vehículo, e pode desplomarse algunha sobre o paso peonil.
Espérase que mañá o persoal de mantemento da Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra, leve a cabo os traballos de arranxo deste muro de protección, co fin de que quede expedito o camiño.
0 comentarios