O EQUIPO ALEVIN FEMENINO DO EXTRUGASA RIO ULLA SEGUE INVICTO TRAS DISPUTARSE A PRIMEIRA VOLTA DO CAMPIONATO
Este equipo do club está rindindo a moi bo nivel, e logo de disputada a 1ª volta do campeonato alevin arousan, no grupo B, pois son 2 grupos de 12 equipos cada un, seguen invictas cun balance de 10 partidos gañados anotando 511 puntos a favor, e encaixando 203 puntos en contra. ten pendente o partido da primeira xornada contra un equipo en teoria asequible coma é o das «Escolas Municipais de Poio».
Xogan habitualmente as 10 nenas da foto, que son:
Sandra, Laura, Raquel, Paula, e Eva (as que estan de pe de esquera a dereita)
Lara, Antia, Veronica, Raquel e Sonia (as sentadas).
O seu adestrador é Antonio, que tan bo traballo está facendo ca base do baloncesto cesureño.
Teñen moitas posibilidades de disputar a final arousana femenina, que sería contra o sempre dificil Arxil de Pontevedra, cando acabe a liga alá a finais de maio. Quen gane xogaría despois a final provincial contra o campeon da zona de Vigo. pero, independentememnte de que cheguen a esa final, o mais importante é que, por decision do adestrador, este ano partimos o grupo de alevins (15 nenos e nenas) en 2 equipos, para así poder xogar mais minutos cada un, e que poideran divertirse mais xogando e mellorando como deportistas. Ademais neste equipo 4 nenas recen empezaban: Raquel, Laura, Sandra e Sonia, e varias das outras viñan de benxamins, polo que mellor non o poden estar facendo. neste ultimo partido, disputado o pasado sabado en Pontecesures, p. exemplo, gañaron 74 -29 ó equipo da Estrada.
Teñen xogado en ocasións tamén neste equipo, cando hai problema de baixas, os nenos benxamins Ivan, Ricar e Kevin, que ademais o fan frecuentemente no outro equipo alevin: o masculino, que van 5º no grupo A, cun balance de 6 gañados e 5 perdidos, a pesares de ter un problema de baixas. Perfectamente poderian ir 3º se houbesen gañado 2 partidos que perderon moi axustados no marcador, contra Liceo maritimo e Dorna de A Illa fora. Poden pelexar pola 4ª praza, ou incluso a 3ª.
0 comentarios