Pontecesures busca alumnos para un curso de galego.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O Concello pretende organizar un curso oficial de galego, de nivel CELGA 2, para o que precisa contar cun mínimo de 25 persoas preinscritas. Dito curso sería impartido en Pontecesures entre abril e maio, en horario de tarde-noite, e cunha duración de 75 horas, antes do exame que a Consellería convoca para outorgarlle o diploma a quen o supere. Por elo, ábrese un prazo, que remata o venres 14 de marzo, para que todas aquelas persoas interesadas pasen polas oficinas do concello a anotarse.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.