Axudas para ordenadores persoais.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O Concello de Pontecesures comunica que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ven de abrir un prazo para a solicitude de axudas ao alumnado de niveis non universitarios para a adquisición dun ordenador persoal.

Os requisitos son os seguintes:

-Unidades familiares con fillos/as que no actual curso escolar 2007/2008 estean matriculados en calquera dos cursos de E. Primaria e de ESO en Centros Escolares sostidos con fondos públicos.
-Familias que os seus ingresos anuais non superen os 25.000 ?.

As solicitudes cumprimentaranse on-line no enderezo electrónico http/edu.xunta.es/axudasord; unha vez impresa a solicitude e anexos debidamente asinados, presentaranse xunto a documentación, sempre dentro do prazo que vai dende o día 11 de marzo ata o día 10 de abril.

Para máis información os interesados/as deben dirixirse á oficina municipal de información xuvenil do Concello de Pontecesures.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.