O Concello de Pontecesures tivo dende a súa creación 15 alcaldes.
Dende o 09/10/1925 ata o 02/12/1927 José Novo Núñez.
Dende o 12/05/1928 ata o 23/02/1930 José Antonio Vázquez Rey.
Dende o 23/02/1930 ata o 05/06/1931 José Carlés Braña.
Dende o 05/06/1931 ata o 29/06/1936 Juan Jeremías Montero.
Dende o 30/10/1936 ata o 18/08/1938 Jesús Cabezas Sierra.
Dende o 11/11/1938 ata o 28/02/1940 Rafael Abalo Seoane.
Dende o 28/02/1940 ata o 08/06/1944 Luciano García García.
Dende o 26/08/1944 ata o 12/08/1953 Carlos Morales Sánchez-Guerra.
Dende o 28/09/1953 ata o 06/08/1958 José Sierra Cordo.
Dende o 06/08/1958 ata o 22/04/1961 José Loureiro Miguéns.
Dende o 22/04/1961 ata o 22/07/1970 Severino García Sierra.
Dende o 22/07/1970 ata o 17/06/1995 José Piñeiro Ares.
Dende o 17/06/1995 ata o 03/07/1999 Victoriano Trenco Romay.
Dende o 03/07/1999 ata o 16/06/2007 Manuel Luis Álvarez Angueira,
Dende o 16/06/2007 ata ———— María Isabel Castro Barreiro
24 comentarios
veciñamil · 29-03-2008 a las 19:59
Que mágoa que ti non poidas estar nesta lista e pasar á historia deste pobo, Bueno sí que pasaches á historia por ser o primeiro tránsfuga político, ao que un partido tivo que apartar das súas siglas logo de poucos meses de aproveitarse da súa organización, dos seus simpatizantes e dos seus cartos
Sen duda tes un record.
zapatista · 29-03-2008 a las 20:31
Moi interesante o artigo aínda que un pouco escueto, gostaríame saber un pouco máis sobre os primeiros alcaldes. Por exemplo, dende o 11/11/1938 ata o 28/02/1940 Rafael Abalo Seoane. Faise curioso que rematase en febreiro do 40. Se alguén pode facilitarme información sobre a «Historia de Pontecesures» gostaríame. Gracias de adiantado. Triste que de ésta nova sempre se queira politizar. Sabariz, vostede ten tanta lexitimidade ou máis que calquera dos nomes que aparecen no artigo. Un saúdo.
Luis Angel Sabariz Rolán · 29-03-2008 a las 23:05
Pareceume interesante informar sobre os alcaldes de Pontecesures, e ti, «veciñamil», segues erre que erre meténdote conmigo. Todo está dito. Hai que asimilar as cousas.
decesures · 30-03-2008 a las 00:45
Estou seguro de que ti, Sabariz en breve estarás nesa lista, porque o mereces.
Luis Angel Sabariz Rolán · 30-03-2008 a las 01:30
Irónico o teu comentario «decesures». Sóname a claro vacile. Pero as bromas tamén son importantes para superar a tensión dos últimos tampos.
Un saúdo.
veciñamil · 30-03-2008 a las 01:56
Falas de asimilar as cousas dando como ben feito o que ficheches pero esto de enganar ao pobo e aos que te votaron non será olvidado nunca. Ti queres pasar o máis pronto posible esta páxina e a outra cousa, pero non é así. Dicías nos mitins socialistas (deches tres) que non pactarías con Angueira nin co PP. Por un lado cumpriches coa palabra porque con Angueira é verdade que non pactaches pero faltaches ao que dicías pola outra porque co PP sí que pactaches e agora eres socio co PP Pois esa mentira e ese engano ao votantes, moi a teu pesar non se vai a olvidar nunca neste pobo, polos votantes do BNG, polos votantes do PSOE (tanto dos auténticos como dos ocasionales e simpatizantes) como polos do PP. Ti perdeches calquera credibilidade que poideras ter e ademáis sábelo ben, pero queres que isto se olvide. Eu me encargarei cando poida de recordarcho a ti e aos demáis, e de «asimilar» estes feitos NADA. Ti nunca estarás nesa lista e diso estou segurísima.
Por certo acabo de ver a Mario Conde en Tele 5 nunha entrevista que me pareceu interesante.Boas noites. A ti tamén Sabariz.
Luis Angel Sabariz Rolán · 30-03-2008 a las 10:43
Non teño porque evadirme de tema algún, «veciñamil». Expliquei tropezentas veces neste medio porque non apoiei ó Sr. Álvarez Angueira, cal foi o compromiso que adquirin ó liderar a lista do PSOE, os pactos, o apoio a unha cabeza de lista independiente. Todo está escrito nesta página. Non quererás que continúe a repetir o mesmo. Afirmas que non teño credibilidade. ? a túa opinión. Eu teño a conciencia moi tranquila. E iso, sobre todo para os que non vivimos da política, é o máis importante.
Bos días.
veciñamil · 30-03-2008 a las 12:14
Non tes a conciencia tranquila, iso que dis é mentira. Nadie debe estar contento con ser un tránsfuga político, que o teñan que apartar a un dunhas siglas que primeiro o acolleron (fora de quen fora a iniciativa)e a proba delo e ques continúas a remexer do pasado haber o que atopas para xustificar o que fixeches. Non, non tes a concencia tranquila nen a terás.
Luis Angel Sabariz Rolán · 30-03-2008 a las 13:36
Pouco teño que remexer, «veciñamil». A xustificación á miña decisión está moi clara dende hai moito o tempo.
sobreiras · 30-03-2008 a las 17:20
O señor Sabariz non ten nada de que arrepentirse, pode ter a conciencia ben tranquila, cumpleu a súa palabra : «non pactou con Angueira», votou a unha alcaldesa independiente non ao PP. O señor Alvarez foise con 5 concelleiros para a casa igual que él fixo con Pepín primeiro e con Victoriano despois que tamén tiñan 5 concelleiros. Por certo, para sacar a Piñeiro da alcaldia tamen pactou con xente que moi prontiño foron do PP. Non tes nada mellor que facer veciñamil que atacar sempre a Sabariz. Controla un pouco mais os das túas filas que fixeron ben de falcatruadas neste pobo e non queredes abrir os ollos. O señor Sabariz claro que seria un gran alcalde para este pobo, o mellor. Esperemos que algún día o sexa para ben de todos. Por certo, no é ningún tránsfuga, el non se pasou a outro partido.
charly · 30-03-2008 a las 21:26
Gracias Sabariz por aportar tanta informacion, e dar vida a esta paxina
Un saludo
error07 · 30-03-2008 a las 21:56
sobreiras te voi pedir una cosa: por favor habla por ti, «O señor Sabariz claro que seria un gran alcalde para este pobo, o mellor. Esperemos que algún día o sexa para ben de todos» di por TU BIEN!! por que por mi bien ojala nunca lo sea, asi que te pido que a mi, al menos, no me incluyas y si a ti te gusta como alcalde pues me parece bien y lo respeto, pero a MI NO!
Una duda que tengo sobre esta entrada,¿que paso entre el 02/12/1925 y el 12/05/1928?
Luis Angel Sabariz Rolán · 30-03-2008 a las 22:41
Evidentemente non son santo da túa devoción «error07». Non te enfades.
Ah! o erro nas datas de mandato de José Novo Núñez xa esta corrixido.
Un cordial saúdo a todos.
ROLAR · 31-03-2008 a las 13:12
De acordo completamente con «veciñamil». Si estivera na pel do Sr. Sabariz tampouco tería a conciencia tranquila. De feito, non me fiaría dunha persoa que na súa vida particular se comportara coma el na política.
Luis Angel Sabariz Rolán · 31-03-2008 a las 14:14
Non entendo moi ben o teu comentario «ROLAR». Tampouco son santo da túa devoción polo que vexo. Sinto moito a dor dalgunhas persoas. Insisto en que obrei en conciencia e con moitos argumentos. Hoxe no pleno escoitaranse algúns.
ROLAR · 31-03-2008 a las 14:31
No meu comentario anterior viña a dicir que a actitude profesional ou política dun individuo está condicionada pola súa personalidade. De feito, na súa resposta di que «obrou en conciencia», así en singular, sin ter en conta que detrás de vostede había moita xente que confiou en vostede e sinteuse defraudada.
Luis Angel Sabariz Rolán · 31-03-2008 a las 14:47
¿Defraudada?, «ROLAR». Penso que non. Bastantes persoas que me apoiaron entre o electorado cesureño entenderon perfectamente a decisión. ¿Sabes os que están defraudados?. Pois os que apoiaron nas urnas ó Sr. Álvarez Angueira, claro, e algúns outros que dixeron que votaran socialista nas eleccións locais cando na práctica non foi así.
DON PEPITO · 31-03-2008 a las 18:48
Sr Sabariz pesou nas persoas que son socialistas,que votan os socialistas nas locais,nas nacionais e autonomicas.Peusou usted nesas persoas.
Luis Angel Sabariz Rolán · 31-03-2008 a las 22:23
Non hai que ser moi intelixente para pensar que persoas que votan socialista nas xerais ou nas autonómicas, non votaron a ese partido nas municipais de 2007.
DON PEPITO · 1-04-2008 a las 10:08
Un (como minimo)dos dous concejales que quitou usted é do PSOE.Como usted ven sabe ¿no?.
ALGUIEN · 24-06-2008 a las 14:13
dios nos aparte de que formes parte de esta lista…
HOXE · 24-06-2008 a las 14:33
el electorado siempre es inteligente. nunca formará parte de esa lista.
Tiroliro II · 27-06-2008 a las 18:49
Non faledes moito que antes de fin de ano me dixeron que pode ser alcaldesa Margarita a de Julián ou Baliñas, porque se abandona angueira sabariz vaise, e os sucesores apoian o bloque.
Luis Angel Sabariz Rolán · 27-06-2008 a las 23:54
Como te moves no mundo da hipótese, «Tiroliro II». Parece que tes ganas de enredar un pouco ¿non si?.