Escola Infantil Municipal. Prazas para o vindeiro curso 2008/2009.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Para acceder á Escola Infantil de Pontecesures é requisito que os nenos/as teñan entre 3 meses e tres anos de idade e que abonen as taxas que lles corespondan, tendo preferencia os e as domicilados/as en Pontecesures.
O prazo para a preinscrición e reserva de praza ábrese o día 1 de abril e remata o día 15 do mesmo mes.
As solicitudes de reserva de praza para nenos e nenas que xa acoden á EIM presentaranse directamente na propia Escola Infantil.
Para máis información e presentación de solicitudes de preinscrición para alumnos/as novos/as deben dirixirse ao Servizo Social de Atención Primaria os luns, martes e venres de 9:00 a 13:30 horas.

Categorías: ConcelloEducación

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.