O festival taurino da Pascua e outras cousas.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No Tierras de Santiago do derradeiro martes, 1 do mes en curso, causounos sorpresa ler en Cartas del Lector, unha da santiaguesa Paula Varela na que, entre outras cousas, amosa o seu desencanto coas festas padronesas da Pascua, e sobre todo co festival taurino que seguendo a tradición se celebra na vila do Sar durante as súas famosas feiras e festas anuais.

Respectamos todas as opinións, pero desde logo non compartimos ningunha das que na citada carta expón esta señorita, ou dama, compostelá. Di ela, entre otras cousas, que «las fiestas de la Pascua, apenas tienen nada de original».

Non obstante algo terán, digo eu, cando como ela mesmo recoñece «le da mucha pena pena ver la gran importancia que cada año se le da».

En canto a que «no tienen nada original». Pois mire vostede: Como feiras e festas tradicionais, a feira cabalar, por exemplo, adoita ser todos os anos, iso, de cabalos, e o festival dos touros, o que pode variar e a gandería e os destros. Polo demais, os pulpeiros cobran coma todo o mundo que ten que vivir do seu traballo. Así mesmo as atracións e outros espectáculos. Como en calquera outra parte, xa ve vostede, en iso tampouco hai orixinalidade.

Mais tamén cita os políticos e di que lles falta coherencia. Eu creo que tamén a vostede lle falta, pois son varias as contradicións que na súa carta e doado apreciar. E sen entrar en detalles, eu diríalle que algo tera esa festa con » acento andaluz» e esa tradición que como vostede ben di «llena las gradas», pero non para gozar co sufrimento dos animais, senón coa valentía e a arte dos lidiadores, pero ese lado da contenda vostede non o sabe apreciar ou non o quere ver.

E rematamos non sen antes lembrarlle que son milleiros os composteláns veciños seus que dende moitos anos, diría eu que dende sempre, e estamos seguros continuarán, gozan das festas padronesas, coma os padroneses das compostelás.

De calquera maneira se vostede como di, deixa de vir a Pascua, ben, que quere que lle diga, iso xa e problema seu, vostede o perde xa outros virán. Claro que é moi libre de elixir o destino, como fan moitas persoas que se desprazan a Cancún, poño por caso, e outros países e lugares exóticos, aínda que non coñeza a nosa querida e marabillosa Galicia e España, máis alá do Padornelo…

Por José Castro Cajaraville. Cronista de Padrón. TIERRAS DE SANTIAGO, 22/04/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.