Os nenos/as de 2 a 3 anos da Escola Infantil visitaron a biblioteca de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

No Día do Libro, os alumnos da gardería municipal visitaron as instalacións da biblioteca situada na rúa Raimundo García Domínguez “Borobó”, nº 22, para coñecer como é unha biblioteca por dentro. Os cativos viñeron acompañados de dúas monitoras, miraron os libros infantís e logo sentaron cada un co seu libro. Escoitaron despues unha narración dun conto e para rematar fixéronse todos socios/as da biblioteca e foron agasallados con libros axeitados a súa idade.

Categorías: CulturaEducación

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.