Vertido de fuel ó río Ulla que parte do Campo da Insua.
Durante toda esta semana detectouse algún vertido na zona, pero hoxe en maior cantidade. Segundo as informacións que teño, os funcionarios da Consellería de Medio Ambiente, comprobaron tras visitar as instalación da empresa, que a orixe do vertido é a empresa Picusa.
As manchas de fuel («chapapote», para entendernos) son visibles nas marxes do río impregnadas coa vexetación (sobre todo na da provincia de A Coruña) e aprecianse dende o illote de Bexo augas arriba. Así, por exemplo, na grada do río na zona de esparcemento de Padrón, preto da desembocadura do Sar, apreciase o fuel oil depositado. Tamén as hai nalgunha rampla do peirao de Pontecesures.
Nas vindeiras horas virán dous pequenos barcos para as tarefas de limpeza, xunto con persoal de Protección Civil. Tamén, ó parecer, se está tratando de contar con algunha empresa de limpeza.
1 comentario
cockydaponte · 26-04-2008 a las 17:44
Pois pola ponte…ou polo río, mellor dito, non apareceu ninguén máis que Paco Liloia, Canducho e Manolo o cheiro…á parte de 4 ou 5 operarios da picusa….
A empresa de limpeza virá o luns ou o martes….cando estea limpo.